III SEMINARIO SOBRE A MEMORIA: A GUERRILLA E OS CAMPOS DE CONCENTRACIÓN

memoria_2012_imaxe_web.jpeg
Barbantia colabora no III SEMINARIO SOBRE A MEMORIA: A GUERRILLA E OS CAMPOS DE CONCENTRACIÓN que se vai celebrar os días 1, 2 e 3 de xuño deste ano no Barbanza. Convidámosvos a participar neste III Seminario e ofrecémosvos toda a información sobre o mesmo.III SEMINARIO SOBRE A MEMORIA: A GUERRILLA E OS CAMPOS DE CONCENTRACIÓN

Achegamos información a propósito do III SEMINARIO SOBRE A MEMORIA: A GUERRILLA E OS CAMPOS DE CONCENTRACIÓN, que se celebrará na primeira fin de semana de xuño en Melide-Rianxo e noutras localidades da Península do Barbanza e da ría de Muros.
No desenvolvemento desta actividade de formación, con certificación oficial, visitaranse os espazos nos que existiron campos de concentración na zona durante o franquismo, e actuará como guía da expedición talvez un dos últimos guerrilleiros vivos, FRANCISCO MARTÍNEZ (QUICO).
Contarase, igualmente, con testemuños directos. O especialista na resistencia antifranquista XAQUÍN YEBRA, así como os estudosos dos campos de concentración na zona, XESÚS COSTA e XESÚS SANTOS, serán os responsables da contextualización histórica do fenómeno.
Na páxina oficial de Nova Escola Galega pode consultarse o PROGRAMA en detalle da actividade, e tamén pode localizarse a ficha de inscrición , aínda que estes documentos figuran tamén como anexos a esta mensaxe de correo.
As prazas son limitadas e asignadas por estrita orde de inscrición. Para aqueles socios e socias de Barbantia que non vaian inscribirse e queiran participar igualmente nas distintas actividades (conferencias, excursións, xantares…) deben anotarse no enderezo electrónico: pastor@barbantia.org para facer unha previsión dos asistentes, antes do 28 de maio.

Esta entrada foi publicada en Sen tema. Garda a ligazón permanente.