Presentación de “María Teresa Alvajar López. Memorias dunha republicana”, “Teresa Alvajar. Compromiso e paixón pola Terra” e inaguración de “Escultura en Ferro”.

teresa-alvajar-lopez-memoria-una-republicana-l-za9fzj.jpg

María Teresa Alvajar López. Memorias dunha republicana

A Asociación Cultural Barbantia, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza, La Voz de Galicia, Edicións Laiovento, e o Concello de Rianxo convídante á saída do número 81 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á presentación da obra “María Teresa Alvajar López. Memorias dunha republicana”, de Aurora Marco, nun acto que terá lugar o venres 25 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Rianxo e no que estarán presentes, amais da autora, Francisco Pillado, Director de Laiovento; Xoán Hermida, Presidente da CRMHB; Xesús Laíño, Presidente de Barbantia; Che Tembra, artista; e Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo.
No mesmo acto terá lugar a proxección do vídeo “Teresa Alvajar. Compromiso e paixón pola Terra”, de Pablo Ces. Previamente procederase á inaguración da exposición de “Escultura en Ferro” do rianxeiro Che Tembra.

Esta entrada foi publicada en Sen tema. Garda a ligazón permanente.