Presentación do número 83 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como a presentación da obra ‘Ocultos. Animais extraordinarios’

Ocultos. Animais Extraordinarios

Ocultos. Animais Extraordinarios por Xulio Gutiérrez e Nicolás Fernández

A Asociación Cultural Barbantia, a Galería Sargadelos, La Voz de Galicia, FAKTORÍAKDELIBROS e o Concello de Boiro convídante á saída do número 83 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á presentación da obra ‘Ocultos. Animais extraordinarios’, de Xulio Gutiérrez e Nicolás Fernández, nun acto que terá lugar o venres 22 de marzo, ás 20:30 horas, na Galería Sargadelos Barbanza de Boiro e no que estarán presentes, amais dos autores, José María Heras (FaktoríaKdeLibros), Agustín Agra e Helena Teixeira, concelleira de Cultura de Boiro.

Este acto acto estará amenizado polo grupo de música antiga Menestreis.

Marzo de 2013

GALERÍA SARGADELOS
Rúa Principal, 65
BOIRO

Esta entrada foi publicada en Sen tema. Garda a ligazón permanente.