Voaxa e Carmín, de Esther F. Carrodeguas na Pousada das Ánimas

Voaxa e Carmin

A A. C. Barbantia, o Concello de Boiro, a editorial Difusora de Letras Artes e Ideas e La Voz de Galicia convídante á saída do número 115 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á presentación da obra de Esther F. Carrodeguas:

Voaxa e Carmín

Presentará o acto Pastor Rodríguez, coordinador de Barbantia, e acompañarán á autora da obra, a escritora rianxeira, Helena Villar Janeiro, as actrices do grupo Airiños, Mercedes Pimentel e Raquel Lodeiros, e o Director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia e editor, Roberto Pascual.

Venres, 27 de maio de 2016
20:30 h
A Pousada das Ánimas
Rúa Pablo Iglesias, 14
Boiro
Esta entrada foi publicada en Sen tema. Garda a ligazón permanente.