Por Charo López
Na súa novela Memorias para Xoana, vemos certo compromiso á hora da crÃtica á violencia, ás desigualdades económicas mundiais, á globalización… Escribe con finalidade “concienciadora”?
Digamos que escribo desde a miña conciencia. É unha postura ética. Eu vivo neste mundo e neste mundo existen todas esas cousas. A literatura, se o é, non está reñida co compromiso moral. A linguaxe é unha creación humana e ten que estar ao servizo da humanidade.
Tamén vemos un anovamento da imaxe “folclórica” galega, enmarcada nunha protagonista crÃtica, sensÃbel, intelixente e defensora da súa terra e a súa lingua e cultura. Estamos ante un rexurdir do nacionalismo?
Non sei se estamos ante un rexurdir do nacionalismo. É máis, se teño que dar unha resposta concisa, dirÃa que non. Porén, hoxe, máis ca nunca, o nacionalismo é unha cuestión de vida ou morte. Intentarei explicar isto: Fálase da globalización como pretexto para desbotar todo o que non teña o carácter de “universal”. Quéresenos facer ver que nos movemos en “mundiños” podendo formar parte dunha entidade moi superior. Para iso cómpre que nos homologuemos, é dicir, que renunciemos ao que somos. Alén da Coca-Cola e o deterioro do planeta, que outras cousas se globalizan? Os pobres son máis pobres e as multinacionais máis ricas a cadora. En troques, imos perdendo o que nos fai existir como pobos diferenciados. O nacionalismo é a defensa do propio e non vai contra ninguén. Quen ama o propio entende que os demais tamén o fagan. O contrario do nacionalismo é o imperialismo. Os imperialistas son os que queren todo para eles, os que impoñen un pensamento único, un xeito único de entender o mundo: o deles.
A música é unha constante na súa obra. A nivel persoal tamén acredita na súa importancia?
Eu, como a voz narradora de Memoria para Xoana, non teño palabras para definir a música e o fundamental que é na miña vida. A música fainos mellores. Nietzsche dicÃa que os malos non teñen cancións. Coido que o aprendeu nunha canción popular alemana que di xustamente iso.
No libro destaca o protagonismo feminino, e as diferentes adversidades que todas as mulleres logran sobrelevar. Hai algún tipo de reivindicación feminista?
Si, claro que a hai. Mais non é “contra” os homes. A palabra feminismo, como a palabra nacionalismo, están negativamente connotadas para moita xente. Defender a igualdade de dereitos das mulleres non é atacar os dereitos dos homes, senón as inxustizas que ao longo da historia se cometeron e cometen coas mulleres. Pór en valor as súas vidas é un posÃbel xeito de adquirir conciencia.
En canto ao posicionamento sobre o aborto, na novela dise “aÃnda dubidaba de se te querÃa deixar nacer”. Cre que o embrión ou feto xa ten dereitos ou opina que é a muller a que debe decidir sobre o seu corpo en todos os casos?
Non é a primeira vez que trato este tema. Xa o fixera antes nun relato do libro Confusión e morte de MarÃa Balteira. Alà quixen deixar claro que non condeno; mais tampouco o considero un asunto trivial. Penso que ten que ser algo tremendo para quen se ve na obriga de tomar esa decisión. Se non é asÃ, se se fai como quen tira unha moa, é grave. A cuestión é que o non nacemento dunha criatura é unha frecha que se crava na morte; pero, ás veces, o seu nacemento tamén é unha frecha que dá na vida.
Na novela acéptase como “natural” o feito de ter fillos de solteira (Pepa, Rosa), pero este é un comportamento particular na cultura galega menos cristianizada. Noutras culturas, mesmo dentro do estado español, as mulleres nesta situación non eran aceptadas e incluso eran botadas das súas casas. A que cre que se deben estas reaccións tan distintas?
No 1975, de 34 alumnas que tiña, 10 eran fillas de solteira… Isto evidencia a liberdade sexual que sempre existiu aquÃ, pero tamén unha cuestión puramente material: a necesidade de brazos para o traballo e de alguén para ampararse na vellez. E eu non dirÃa que nos ambientes menos cristianizados. O cristianismo convivÃa, sen grandes problemas, cun certo naturalismo. A nivel popular habÃa menos hipocrisÃa, noutras clases procurábanse a miúdo solucións ben menos cristiás.
Algunha primicia. Está a escribir algo novo?
Acaba de saÃr na “Biblioteca Francisco Pillado” da Universidade da Coruña unha obra de teatro, Confusión de MarÃa Balteira, unha peza de teatro baseada na mesma personaxe doutro relato dun libro meu. Tamén está no prelo o libro Abracadabras de poesÃa infantil que me premiou a Fundación “Neira Vilas”. Teño outras dúas cousas a medias das que prefiro non falar até non que sexan unha realidade completa. Graciñas por lerdes o meu libro e por me dardes a oportunidade de “falar” con vós.