Por Irene Chouza
Lembras a que anos che comezou o interese pola escrita?
Lembro que era moi nova cando, sendo alumna nun colexio público dun medio rural, me “chapaba” as obras de Julio Verne da maltreita biblioteca; ou cando en sétimo de EXB escribÃa cousas para que a miña profesora de literatura lles botase un ollo. Polo tanto, a conclusión é que a miña paixón pola literatura naceu case canda min.
Que parte do dÃa che inspira máis á hora de escribir?
A noite pecha. Gústame a soidade e o silencio para escribir e iso conséguese mellor cando xa a noite vai andada.
Con dúas carreiras universitarias ás costas, animarÃas aos estudantes que queiran comezar unha ou recomendarÃaslle o mundo do traballo sen máis?
Como profe que dá clase en segundo de bacharelato vexo que aquilo de acabar o bacharelato para ir de cabeza a unha carreira universitaria é cada vez menos certo, xa que hai rapaces que prefiren outras opcións. Non me sinto capacitada para dar un consello xeral sobre unha cuestión tan importante, pero o que si sei é que debes facer o que queiras facer, porque xa a vida ten as súas complicacións como para sumarlle o agravio de estar sometido a desempeñar unha función que non desexas. Ter a posibilidade de elixir e elixir o que che gusta é moi importante.
Consideras escribir como unha tarefa ou oficio, se cadra unha obriga, ou pensas doutra maneira?
Para min nin tarefa nin oficio: unha ledicia, un pracer que me dou cando teño ganas de facelo, con absoluta liberdade, cando me peta e quero e dáme a gaña (como dixo o poeta) Tamén unha liberación, un acto de rebeldÃa en soidade.
Que sentiches cando gañaches un premio coa túa primeira novela?
Unha emoción difÃcil de describir e supoño que irrepetible como sucede sempre coas primeiras veces. Non sei se algunha vez terei de novo a oportunidade de pasar por algo semellante, pero seguro que de darse o caso non o vivirei coa mesma intensidade. Teño que confesar que tamén sentÃn vergoña:vergoña de ver como algo que ata entón era moi meu, algo Ãntimo, de súpeto pasaba a formar parte da esfera pública. É un pouco como sentirse descuberta.
Nun momento determinado da novela falas de liberdade, que é para ti a liberdade?
Puf..! Posme preguntas difÃciles. Fágoche eu a ti outra: de verdade cres que existe a liberdade en termos absolutos?, existe a felicidade ou a verdade en termos absolutos? Eu creo máis ben que ás veces somos felices e ás veces non o somos, pero cando somos quen de recompoñer os cachos daquilo que nos fixo felices quizais nos achegamos un pouco á felicidade. Coa liberdade pasa igual, ás veces conseguimos ser libres na sociedade que nos tocou vivir, ou quizais máis que selo experimentar a sensación de selo; se ben é certo que se o pensas son moitas as trampas que se lle poñen á liberdade individual neste noso mundo, disfrazando de elección persoal aquilo que en realidade está planificado dende o poder (polÃtico, mediático, económico) para que suceda asÃ.
SentÃcheste algunha vez na situación de Eva Braun ou na de Magda Goeebels?
Non afortunadamente, pensa que elas se sentiron asà porque lles tocou vivir situacións extremas de horror, de violencia. Agora ben, como muller, sÃntome identificada con algúns sentimentos que se describen na novela e que creo que calquera muller ten capacidade para sentir asà ou dun xeito similar: a frustración polo amor non correspondido, a soidade extrema, a dor intensa provocada polos fillos, a impotencia ante unha situación que se che escapa das mans…
A soidade ó longo da obra é un tema permanente, darÃaslle algunha mensaxe a esas persoas que se senten soas no mundo?
Supoño que son tantas as persoas que se senten soas no mundo e quizais por motivos tan diferentes, que é arriscado dar un consello que valla para todas. Aà vai un (aÃnda que sen ánimo ningún de adoutrinar a ninguén porque non me sinto capaz): que o impulso de fuxir da soidade extrema, que é un sentimento sufocante, non os conduza sen querelo a un pozo máis grande que aquel que creron abandonar (como lle pasa a Eva Ripstein dentro da novela)
Eva Braun sofre un amor cego pola persoa de Hitler. Cres que é posible amar a unha persoa que repartiu tanta dor?
Ela é o exemplo de que si se pode amar a alguén asÃ. Confésoche que esa mesma pregunta que ti me fas agora en voz alta é en realidade a orixe da novela. Os Ãcaros naceron porque me preguntei a min mesma moitas veces como eran posibles algúns tipos de amores: os amores que se senten polo que moitos cualificarÃan de escoura, os amores que te conducen a desprenderte do máis prezado…A resposta que souben darme a min mesma foi escribir unha novela.
Cando caracterizas unha personaxe, xa sexa protagonista ou secundaria, que trazos ves máis relevantes á hora de dotalo de vida? Gústache máis caracterizalos psÃquica ou fisicamente?
Creo que as mellores personaxes son aquelas que complementan moi ben os dous aspectos da súa caracterización, esas son os que saen realmente redondas. Sen dúbida o máis difÃcil é conseguir a “man de pintura interna”, esa é a que fai que os amemos ou os odiemos, nos sintamos identificados ou os rexeitemos…Hai quen cre que unha persoa real nunca acaba de coñecerse de todo aÃnda que convivas con ela, porque os seres humanos somos realmente complexos. Imaxina conseguir algo diso riscando letras sobre un papel nun espazo limitado, hai que seleccionar moi ben “as cores” para que o cadro final se asemelle a aquilo que planeabas conseguir.
Nomea o tÃtulo dun libro que che marcase ou que quixeses que todos soubesen del ou o tivesen lido.
11.-Non hai UN, hai libros que como a calquera persoa apaixonada pola literatura acaban marcándote, son libros dos que xa nunca te podes logo desprender porque te van acompañar sempre, porque incluso (penso eu) teñen o poder de modificarte e xa nada será exactamente igual a antes de telos lido. É difÃcil facer listas, pero Ensaio sobre a cegueira, O principiño, A esmorga, Cen anos de soidade, O perfume…Citei todo obras de narrativa, aÃnda que Neruda, Lorca, Ãngel González, Celso Fernández SanmartÃn, Baldo Ramos, están entre os meus poetas preferidos. Todos, todos volos recomendo.
Que foi o que che levou a ambientar esta novela nun tempo e nun espacio como o da II Guerra Mundial?
Foron ELAS, seguÃndoas a elas foi como cheguei a ese espazo e se estivesen noutro espazo e noutro tempo terÃaas seguido alÃ. A orixe da novela estivo na figura de Eva Braun, despois chegou Magda, elas foron as que me conduciron a un búnker, non o búnker o que me guiou a elas.
Para rematar, cal é a túa idea de muller para este século?
Vaia preguntiña! En fin, intentareino: intelixente, dona do seu corpo, que sexa quen (por fin!) de manter unha relación de igual a igual co sexo masculino, unha que leve as rendas da súa vida e do seu destino, independente, curiosa, con ansias polo saber e polo ser e….(se non fora demasiado pedir) namorada da literatura.
Grazas e abur.