Por Alicia SantamarÃa Nieto
Como comezaches a escribir?
Non o lembro. Creo que é algo que está en min dende que aprendÃn a xuntar letras e con elas palabras e logo frases. De todas maneiras, antes da propia escrita estaba a vontade de contar historias e creo que iso estaba xa tamén en min antes mesmo de saber escribir.

Resistencia, por Resistencia
Escribiches algunha vez en castelán?
Non sei se algunha cousiña da escola. Dende logo, dende o primeiro certame ao que me presentei, que é o primeiro texto literario que lembro -quince anos- estaba xa escrito en galego.
Centrándonos en “Resistencia”, como ideaches o argumento?
A partir do final, cousa ben estraña na miña obra. Houbo unha imaxe no antigo penal de Peniche e hoxe Museo da Resistencia que me impactou tremendamente e souben que aà habÃa o final dunha historia. O resto cinguiuse a tirar do fÃo e facer que as personaxes e os lugares falasen por si mesmos. Tivo as súas dificultades, recoñézoo, sobre todo por tratarse da historia portuguesa que eu non coñecÃa nada ben pero DinÃs e Filipa axudáronme moito. Eles son quen conduciron os feitos polo seu rego.
En canto ó lugar, porque elixiches Portugal como marco espacial?
Eu dirÃa que Portugal me escolleu a min. Nunca pensara escribir unha historia sobre a revolución dos cravos, nin se me pasarÃa pola cabeza porque me parecerÃa demasiado ambicioso e difÃcil. Non obstante, presentáronse DinÃs, Isaura, o Antonio, Leonor, Filipa… digamos que me convenceron da súa heroicidade e da súa loita e deilles tinta para viviren. Foron as propias personaxes quen escolleron o seu ámbito espacial.
ReferÃndonos ao contexto socio-histórico, por que ese momento, o da ditadura salazarista e as guerras coloniais?
Porque o final, é dicir, o piar sobre o que construÃn a historia esixÃa unha situación de represión que precisaba duns antecedentes e dun contexto socio-polÃtico xa determinado pola propia historia portuguesa. A guerra colonial foi unha imposición para ser coherente co momento histórico porque cun protagonista en idade de ser mobilizado polo exército non podÃa obviar esa circunstancia. Ou mandábao a Ãfrica ou buscáballe unha escusa para quedar na penÃnsula. Optei por embarcalo para Mozambique pola propia riqueza semántica e de punto de inflexión na vida de DinÃs que me brindaba. A ditadura de Salazar e Marcelo Caetano tamén estaban aÃ, non as escollÃn eu, pero me resultaron imprescindibles para o rumbo que lle querÃa dar á novela.
As personaxes son todas produto da imaxinación ou teñen algún referente real? IdentifÃcaste con algunha?
As personaxes recollen anacos de vida e caracterÃsticas de moitas persoas vÃtimas da represión salazarista. Os presos, por exemplo, recollen veridicamente algunhas historias que coñecÃn e mesmo conservan os seus nomes como Alvaro Cunhal ou DinÃs Miranda. De min, por fortuna nalgúns casos e por desgraza todos, creo que non hai nada. É evidente tamén que algúns me gustan ou admiro máis ca outros.
Que libro, dos que levas escrito ata o momento, destacarÃas como mellor?
Non podo escoller. Cada un deles é froito dun momento determinado e ten aspectos que non atopo noutro. Creo mesmo que é unha pregunta cruel…
Para rematar, que consellos lle darÃas a alguén que comece neste mundo da escrita?
Que escriba. É o único consello que se pode dar. Que escriba e que traballe os textos unha e mil veces. Non é cuestión de inspiración senón de traballo puro e duro coa ferramenta das palabras.