Xa era o dÃa, 23 de Xuño, véspera de San Xoán. Levaban traballado arreo durante case un mes para ter a meirande cacharela de toda a redonda; ou cando menos, maior que a dos de Vilar do Rego. A noite era escura e morna, co ceo estrelado, mentres a lúa vestÃa de loito. à media noite as fogueiras comezaron a arder. Breixo levaba de festa dende as dez con todos os amigos; cearan ao pé da súa efémera obra e bebera o viño suficiente para ter o brillo da ledicia nos ollos. Fixeran outra fogueira máis pequena, que saltaran as tres veces de rigor ao grito de “meigas fóra!”, e algunha máis… por se acaso. Xa todos estaban dispostos para saÃr a facer as falcatruadas planeadas durante todo o ano, cando Breixo lles dixo que os collÃa despois, que Ãa un intre a algures. En realidade, el só tiña un obxectivo esa noite.
DirixÃase á Praia dos Canteiros, unha pequena cala duns corenta metros de longo, pechada polos lados con cantÃs. O único xeito de chegar e ver o que pasaba nela era baixando por un camiño traizoeiro labrado na pedra. Na praia pousaban unhas rochas que semellaban figuras humanas e que lles deran o nome, pois parecÃan esculpidas por artesáns. A lenda contada polos máis vellos anunciaba que ese dÃa Ãa a máis fermosa das rapazas bañarse alÃ. E Breixo, coa curiosidade propia da mocidade, querÃa ver se era certo e, de paso, saltar as nove ondas. A súa intención era sinxela. Tratábase dun mozo forte e valente, bastante arroutado, totalmente escéptico, e querÃa demostrar as falsidades das que tanto gustaban os anciáns. Unha vez chegado á praia, poderÃa comprobar a súa teorÃa e volver cos compañeiros para seguir a noite de troula.
Mentres descendÃa, os nervios Ãan cobrando forza e, malia non crer, a dúbida tÃñaa ben presente. Cando deu baixado, botou unha ollada. PercorrÃa a praia coa mirada e Ãase tranquilizando, ata que a viu: atopábase no medio da area, xa non era quen de distinguir a realidade da ficción. Realmente estaba alÃ, ou enganábano os seus ollos? Ficou paralizado polo medo e a sorpresa. Deu un par de pasos e atopouse no centro da praia, a uns vinte metros dela. Agora non habÃa dúbida, a rapaza estaba coa auga polos xeonllos, cun livián vestido branco axustado que bicaba a auga salgada. Tiña o cabelo castaño claro cubrÃndolle os ombros e os ollos cor améndoa; os seus beizos eran carnosos e vermellos coma o lume; de xenerosos peitos e unhas pernas longas. A súa figura debuxábase na auga, e mesturábase co resplandor das fogueiras na noite… Realmente era a muller máis fermosa que el tivera visto. A rapaza botou a camiñar, acercóuselle paseniño e, cando se atopaba a tres pasos del, comezou a dar voltas ao seu redor, observando, sen falar. Non a coñecÃa, xamais a vira, pero do que non tiña dúbidas é do preciosa que era. El non se atrevÃa a dicir nada De quen se trataba? Que facÃa alÃ? De súpeto, parou fronte a el, mirouno aos ollos e achegóuselle. Antes de que tivese tempo de reaccionar, bicouno. Estaba extasiado pola escena, incapaz de negarse: os seus instintos posuÃrono, bicouna de novo e agarrouna pola cintura; non daba creto ao que lle estaba a suceder. Uns instantes despois, ela detÃvose, afastouno uns centÃmetros e, cun movemento rápido e preciso, guindou ao chan o vestido, quitoulle a roupa e deitouno na area; colocouse enriba del e comezou a facerlle o amor. Eran demasiadas emocións en tan pouco tempo; só o seu instinto permanecÃa enteiro. E a medida que a súa excitación medraba entre suspiros e caricias, o seu corpo Ãase poñendo máis e máis rÃxido, ate que, xusto antes do derradeiro suspiro, decatouse de que se acababa de converter en pedra.