Vestidos cos traxes do domingo e paseando estaban os sorrisos pechados de falta de privilexios, fartos de necesidade, nas faces dos cinco xoves. Vese ben a ledicia dos anos mozos que oculta os estómagos baleiros e as horas inexistentes de sono, empregadas nas eiras e no ir e vir manual de pedras para os valados. Ese era un dÃa de festa, deses nos que as penas se disolven, ou polo menos, se ocultan baixo a man cálida dos cántaros de viño branco mesturados cos grolos de caña, que axudan a manter distendidas conversas coas mozas máis feitas da aldea, e tamén co seu sinuoso baile de pernas e brazos firmes,ergueitos, ao son da pandeireta e da gaita galega. Aquà os soños na procura de mellores recunchos americanos onde ter de seu non teñen cabida e forza algunha para entorpecer as ganas de gozar.
E as beatas seguÃan o seu camiño coma en ano santo tras o rastro de Xesucristo, co rosario na man e a mala lingua na outra, porque puido ter sido a voda de Pedriño, -compañeiro dos fotografados-, e sempre habÃa qué comentar, sen se decataren do anónimo da súa presenza nese retrato de xuventude e ruÃdo de tripas, deseñando o fondo de estudio dun recordo plasmado en papel, interesante polo sinxelo das formas.
O home do medio ben podÃa chamarse Amaro, que entre os mozos, xa semella ser un deles. Unha xeración de alumnos co mestre orgulloso, que puido ser un bo home que moito gardou na súa cachola para ensinarlles leccións útiles. Todos gozan do momento que logo, talvez, nunca se volveu repetir: ao mestre fusilárono cando a República rematou en ditadura, Manolo “o Curto”, á dereita inferior da imaxe, morreu de gangrena en Madrid por unha ferida de fusil nun pé; Paco o do Pazo, á esquerda, cambiou de bando cando estalou a guerra; Afrodisio, á dereita do mestre, veu partir o barco cara ás Américas e non volveu; mentres Xoanciño encabezou o elenco de covardes cheos de remorsos que calou a boca e finxiu non ver… … … …
Pero o emanar carisma e serenidade amiga é tan só orixinario da patroa terra galega, a pesar dos pesares, e da adversidade do tempo.