Se polo menos puidese lembrar cal é o meu nome, non me sentiría tan perdida e nerviosa agora! Laura? Uxía? Non creo. Ningún dos dous se asemella a un nome familiar, un nome para min. Un nome para este corpo, este estraño corpo, pero que non deixa de ser o meu corpo. É moi estraño o que estou ollando ao procurar descifrarme. Que estraña sensación…!
Íllome. Analízome dende esta cabeza ata estes pés que semellan xigantescos, tal coma se estivese ancorada en dúas dornas. Mais non os recoñezo. Non me recoñezo. Camiño e paseniñamente adéntrome nesta gaiola sen fin, coma unha proba do máis enrevesado dos nightshows yankies para enfrontarme cos terribles loitadores de Pressing Catch. Asústome. Anguria que vén sobrevoando o ceo a toda présa, e póusase, coma unha bolboreta de mil cores no meu ombreiro e logo no meu nariz e logo…
Vaia carallada! E, aÃnda por riba, non atopo cartos nos meus petos e, por suposto, o meu moedeiro tampouco está. Deste xeito creo que poderÃa saber algo máis, xa que a única merda de cousa que sei nestes intres é que estou viva – aÃnda que tampouco poñerÃa a man enriba do lume por isto -. Ben, e penso, logo existo. Hostia, quen, por mor dos ceos, dixera, e aÃnda para máis, recoñecérase por tan hábil relación de causa-efecto? Oh, foder!, non o sei. Esta é a situación máis aplastante que experimentei en toda a miña vida. Ou quizais non, vai ti saber!
Estou intentando pensar, lembrar algo, o que sexa. Pero non podo. A miña mente semella estar pintada cunha cor ben escura, negra. Eses andeis que deberÃan soster tódolos documentos dos datos asociados á miña vida real, escritos en vellas e pardas follas de papel, atópanse baleiras. Baleiras! Onde demo estarán eses documentos? Onde demo están tódolos meus recordos? Miña naiciña, creo que esta situación comeza a ser máis que preocupante. Por que diaños estou desvariando? Estarei tola? Que ocorre? Quizais tan só sexa un pesadelo. Eh, eh! Esperta nena! Esperta! Neste pesadelo tan real, mestura de ficción e realidade (coma esas pelÃculas de Antena 3 do domingo pola tarde), tan só espero a que apareza o plano que mo esclareza todo.
O tempo vén detrás de min, pero pasa lentamente, coma se un segundo parecese unha eternidade en si mesmo. Vexo o correcamiños nunha carreira perseguido por unha banda de tartarugas. Gracioso, non? Camiñarei. Camiñarei ó traveso desta concorrida rúa, pero solitaria para min. Ninguén está preocupado por min. Ninguén olla cara min. Berrarei! Iso é, berrarei moi alto, moi forte, ata que a miña gorxa quede ferida no intento… “EEEHHHH… ESCOITÃDEME!!! ESTOU AQUÃ!!! MIRÃDEME! OLLÃDEME! QUEN SON? QUEN DEMO SON?”
Que ocorre? Por que me miran tan estraños? “POR QUE ME MIRADES? QUE TEÑO? QUE SON?” MÃranme. Xa o fan. Pero non me axudan. Semella que me teñen medo, que me miran e tremen. TerÃa un accidente? Iso é, de seguro que si. Tivo que ser iso o que ocorreu e por iso non me lembro de nada…
Meu Deus, tódolos rañaceos desta pequena vila e os innumerábeis automóbiles que me deixan atrás tan rápido estanse movendo ó redor da miña cabeza, dando voltas e máis voltas, voltas e reviravoltas… non soporto a miña cabeza e as miñas pernas, tan fráxiles, apenas poden soster o resto do meu corpo, este estraño corpo. Creo que agora poderÃa tocar as nubes. Que fermosas! Os edificios vólvense casas de planta baixa. Están tan preto! Angulosos. Cos teitos de lado. Creo que a miña cabeza está esvarando… caendo… e, de novo, aà vén a bolboreta de mil cores…
“Lucas! Lucas! Ei! Estás ben! Pois veña, tÃo, foder! levántate que pesas coma unha mula. Volvamos ao local! Esta festa está de puta madre, pavo!”