Somérxete neses lagos inmensos de fondo tan escuro coma as túas intencións. Olla esa vida morta con cada tormenta de xeo que produce unha nova ferida molécula a molécula mentres loitan no solpor da alegrÃa. Mira como se evapora esa va esperanza que a vontade persegue no intento derradeiro de fuxir do futuro.
Agora nada, viaxa até o fondo… mira ao arredor. Qué ves? Só podes achar a resposta en ti mesmo. Procura unha falsa doutrina que xustifique o baleiro desa presa que xa derramou toda a auga.
Un falso arrepentimento era por entón motivo suficiente para intentar repoboar as cuncas baleiras, mais agora a inocencia xa coñece o porvir e gárdase cubrÃndose cunha coiraza de dor.
Observa toda a vida que usurpaches… AÃnda podes recoñecer ante os teus ollos a que fora aquela paraxe natural con excitantes afrodisÃacos e beleza relucindo xuventude?
Di, cantos froitos arrincaches do seu ventre doÃdo para esmagalos contra unha parede traizoeira?
Por que aÃnda temes mirarte no espello se cada mañá mastigas a sombra do teu delito cando queres volver a esa infancia idealizada na que gozabas batuxando cos teus curmáns invisÃbeis? Era ela a auga onde se reflectÃa a ilusión desa vida, a panacea da túa realidade. Pero traizoácheste, a ti e máis a ela, e agora contaminaches a auga que che deu a vida durante tanto tempo coas túas desfeitas e os teus descoidos. Fuches destruÃndoa pouco a pouco, de xeito inapreciábel, pero facendo un dano irreversÃbel e imposÃbel de depurar. E sabes que ti morres con ela, arrepÃaste do reflexo que ves agora, e negas que sexas ti; é por iso que culpas a auga, sen te decatar de que es vÃtima e verdugo.
É mellor que non fuxas da realidade, que non intentes máis buscar ese faro que non logras atopar no océano e que mires en ti, que procures nese ser que descoñeces a razón pola que cada noite alugas o teu corpo a todas esas pantasmas resentidas e obrigas a quen quixo salvarte a purgar os teus pecados coa marca imborrábel do medo e da vergonza. Fórzala a pagar a decisión de acollerte no seu seo como se fose unha illa que te salvou na intemperie do mar e che deu todo o que un dÃa puideches soñar, pero hoxe, de xeito inexplicábel renuncias a iso arrasando con todo o que atopas ao teu paso como se foses unha praga sen cura. Na era das vacinas a túa enfermidade segue o mecanismo hipocondrÃaco e non se pode solucionar máis que coa túa toma de conciencia, e calquera limpeza que se poida facer é só algo temporal, sustancias quÃmicas que cando desaparecen deixan paso a unha marea negra cada vez peor.
Cada dÃa a pregunta sobre a túa vitoria perfila unha resposta máis decepcionante: só queda comezar de cero.
Eventos
« Setembro 2024 » L M Mr X V S D 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27* Xerardo AgraFoxo en Boiro ás 8:30 pm 28 29 30 Axenda deKieran O'Shea
Próximos eventos:
- Outubro 11, 2024