Teño corenta e nove anos. Mañá cumprirei os cincuenta. A década maldita de todos os meus devanceiros. Prendereille lume á casa, a todo vivo e inerte que nela se atope, e rozareime eu tamén, queimareime co meu soño, co meu rancor.
Eu son narco. Non un contrabandista calquera. Non son coñecido por estraperlista da Guerra Civil que trae miseria de fóra para revendela aquÃ. Eu paso grandes mercadorÃas, manexo cartos a cachón, e ese é o meu suicidio. O capital, o soño do pobre. A propiedade material, ese é o meu propio crime.
De cativo non logrei erguer a cabeza máis do que a vista dos grandes alcanzaba a ver; chorei pola miseria que tiñamos entre os pés; pisei chans húmidos de escravitude, fame e tristeza. Miña nai, puta, ensinoume a dor de gañar o pan; do mariñeiro de meu pai aprendÃn a soidade do mar e a ingrata esperanza por atopar augas mellores, que nunca veñen. Pero eu busqueinas. E comecei a traficar, a comerciar coa vida de vicio dos que ben se recoñecen espetados á xiringa, e tamén coa daqueles vestidos de traxe e gravata, coa cigarreira de coiro e a mandÃbula sempre móbil. A droga que consumen, que os consume, esa droga tocada coas miñas mans, coas gadoupas da xenreira, da orfandade aborrecida, do silandeiro sentir de odio. As súas vidas non me aportaron máis que desequilibrios.
Miña mai tiña cincuenta e tres anos. Mancada pola sÃfilis, exhalando cheiro a podremia polo asañamento de vermes na úlcera do nocello, morreu no leito de palla, chea de carrachas e pulgas, tesa de frÃo, fóra da terra que a pariu.
Meu pai; non se lle contaban máis de cincuenta e oito anos. Rillado pola cirrose, maltratado polo lado austero da vida, pairaba a cotÃo polas tabernas da aldea, ata que unha coitelada o foi esperar á porta da casa, no xeo da noite. Ninguén preguntou por el: foi unha tolemia de borrachos.
Ningún home pode criticar a maneira de sobrevivir dun conxénere. RepetÃronmo, tatuáronmo na conciencia e a miña entrega aos cartos tornou hai tempo en obsesión. O desprezo aos ionquis, as ansias de obter bens materiais para os meus, a tranquilidade de saber que comprazo aos meus defuntos éncheme de vigor e valentÃa para facer esta derradeira filigrana, a que ha rematar comigo e coa miña historia.
Onte desembarcamos no peirao un cargamento para ficar tolo: grandes toneladas de coca, preparada para aspirar. E fun dar cos cartos que tanto botei en falta, logrei conseguir a miña meta, frear as ganas esaxeradas e tupidas na alma de poder. Coller en brazos os fardos de destrución e levalos ao furgón; dicirlle adeus e sorrir de ledicia polo que agora gardo e quixera non ter adquirido nunca. Pero pregúntolle seguido á mente qué será de min logo de que o soño estea cumprido e o silencio que necesito para protexerme, comprado pola man dos cartos. Se non hai metas, non hai canles que facer e as augas do rÃo estanse a desbordar para afogarme.
O tonel de gasolina prende no chan. E sinto a friaxe da calor que me mata preto dos pés…
Os cincuenta. A etapa de expiración .
Necesidades, necidades, sandeces. As faltas acumuladas, a exacerbada loita de adquisición fixérono fuxir da realidade, incinerarse, destruÃr calquera mostra de procura. Logo de ter o soño, o soño posuÃuno, deixou de ser materia do subconsciente a material palpábel monetario e irreverente e inmisericorde, que o destruÃu, que o levou á morte xeracional. Eses muros pechados que foi forxando cara á adversidade e as feridas pasadas véuselle enriba coa súa maquinaria de armamento: o amargo da rabia do fel compacta coa zuna mesturada no acedo do peito oprimido por ter que calar as voces que espertaban no maxÃn subversivo, por ter recibido paus en troco dun anaco de pan sen miolo.