por MarÃa Loureiro
Aquel disparo rompeu a tranquilidade da noite… Uns pasos apurados achegáronse… Un grito! O meu pai matárase, matárase sen ningunha explicación. Ninguén sospeitaba as causas que o levaran a tal situación… Non habÃa razón lóxica para o acontecido.
A súa morte causounos a dor máis grande que puidésemos imaxinar. EntristecÃame pensar que xa non volverÃa ver o seu rostro, que sempre me dedicaba un sorriso sen importar se os tempos que corrÃan eran bos ou malos e escoitar aquela voz que sempre me animaba a seguir adiante e a non renderme nunca. Espantábame imaxinar a terrible causa da súa desgraza…
Meu pai era un home sinxelo, traballador e aparentemente feliz. Mesmo conservaba moitos amigos da facultade, o que non sabiamos era que tiña montado algo asà coma un club no que apostaban a xogos de azar, como os dados, a loterÃa, o bingo…
Varios dÃas despois do suicidio do meu ben querido pai, chamáronme os seus compañeiros para dicirme que cachease ben pola casa na procura dun boleto de loterÃa premiado. Ó parecer, todos os membros puñan cartos para mercaren un boleto e logo repartiren os beneficios, se é que os habÃa, e o encargado de todo era meu pai… Un millón de euros para todos! E a nós corresponderÃanos unha boa tallada! Que ben nos viñan!
Ó principio pareceume raro que a familia non soubese nada da tarefa que meu pai realizaba co grupo, pero eu busquei o boleto ata que xa non puiden máis. Cacheei ata o último recuncho do seu despacho e o que descubrÃn, reveloume o seu lado oculto, que descoñeciamos todos os que compartiamos con el o dÃa a dÃa. No último caixón do seu escritorio, atopei unha caixa de cartón que contiña aqueles recordos que meu pai non querÃa compartir con nós. Alà estaba toda a vida daquel home que me criara xunto coa miña nai e me dera o mellor de si mesmo. HabÃa unha gorra de cando meu pai fixera o servizo militar en Ferrol e debaixo moitos papeis diferentes.
Levei a caixa para o meu cuarto e alÃ, tirado na cama, comecei a examinar todos os documentos. O primeiro era unha páxina arrincada dun anuario escolar onde aparecÃa un relato curto, do cal o autor era el, cousa que me sorprendeu, porque a historia era bastante boa e na casa nunca se soubera nada desa faceta súa. O seguinte que habÃa na caixa era a garantÃa dunha guitarra. Xamais vira a guitarra, onde estarÃa? Tamén habÃa a metade dunha foto na que aparecÃa el… tocando! Iso explicaba o da guitarra, pero eu comezaba a dubidar de se realmente coñecÃa a meu pai. HabÃa moitas cousas máis que me sorprenderon e algunhas ata me fixeron recordar… Pero entón lembreime do boleto e seguino buscando.
Non o atopei, pero o que si descubrÃn na caixa forte foi, ademais dalgunhas facturas, un recorte dun xornal, onde aparecÃa a noticia do número agraciado, ó que sempre xogaban. Todos tratamos de buscarlle unha explicación razoable a aquel crebacabezas que nos tiña tan desconcertados…
Espertei á causa dun forte ruÃdo… Todo fora tan só un mal soño, pero aÃnda asÃ, tiña un mal presentimento… Estaba moi suado e… Sentiuse un grito que me conxelou o sangue… Mirei por toda a casa sen atopar a ninguén. Tiña o corazón nun puño cando asomei a cabeza pola porta do despacho de meu pai. à primeira que vin foi á miña nai, que miraba aterrada para o outro lado do cuarto.
Vireime temendo o peor, pero alà estaba, tirado no chan e morto. Achegueime… Na man dereita aÃnda tiña a pistola… e na esquerda, aferrado como se se tratase do seu billete cara á morte, sostiña un boleto falso… e de súpeto, comprendino todo. Nós non sabiamos nada da loterÃa, porque el nunca a compraba, soamente enganaba ós compañeiros… Un bo truco, pero que fracasou por un golpe de sorte.