por Milagros Torrado Cespón
El era un home pequeno, metro e medio de sabedorÃa acumulada en oitenta e oito anos, dous meses e quince dÃas de existencia. O mundo para el xa non tiña segredos porque a este home xa non lle interesaba o sentido da eternidade que habÃa anos que decidira dar por imposible de acadar. Sentaba cada dÃa á porta da casa a ver pasar a vida. DiscutÃa con el mesmo sobre a velocidade dos automóbiles: Ãan moi rápido os dÃas de chuvia e imitaban ás eirugas os dÃas de praia.
VivÃa só nunha casa con dúas fiestras, dúas cadeiras, unha mesa e unha cama de matrimonio. Unha das cadeiras non tiña inquilino. Fora da súa dona e dende que ela marchara non deixou que ninguén volvera sentar nela. Tampouco volvera ninguén a visitalo. Os nenos habÃa moito que abandonaran o ruralismo obsoleto da aldea en busca de algo, sen dúbida para eles, moitÃsimo mellor do que se lles poderÃa ofrecer naquela casa de dúas ventás. E xa non volveron.
O pequeno marchara para SuÃza e só chamaba unha vez ao ano polo Nadal. Pero o velliño chegou á conclusión de que o teléfono era un estorbo na decoración minimalista da súa casa e un dÃa desconectouno e tirou con el. O fillo máis novo xa non volveu chamar. O do medio subira un dÃa nun avión para facer a viaxe dos seus soños e ninguén soubo máis del. O noso home gardaba na carteira un recorte do xornal onde se falaba dunha aterraxe forzosa que rematara en traxedia. Co fillo máis vello non se falaba, nunca se levaran ben.
E cando non tiña nada que facer máis que sentarse a ver pasar a vida na porta da casa, o vello viaxaba sen equipaxe a mundos de fantasÃa onde era novo outra vez. Esta nova xuventude non se atopaba aniquilada por unha guerra na que el nunca soubo se o seu bando era o correcto. Unha guerra que non tivera un gañador. Era nesta vida imaxinaria cando se convertÃa nun súper heroe deses que voan entre os castiñeiros e atravesan os piñeirais esquivando todas as pólas cunha habilidade felina. Saltaba ata tocar as nubes e traÃa un cachiño delas ben apertado na man. De súpeto ve dende as alturas a unha muller moi fermosa, cunha cabeleira rubia que arde en labaradas laranxa cos raios do sol. Para no aire coma unha ave de rapina que divisou a súa presa. TÃrase en picado ata pousarse silencioso na árbore que está a carón da moza. Dende alà espÃaa con picardÃa. Ela non se decata da súa presenza e segue sentada nunha lousa do rÃo cos peÃños na auga. Ten a súa longa saia recollida sobre os xeonllos e agarima docemente as herbiñas que medran na beira. Un home aparece da nada e sorrà malevolamente cara a ela. Achégase seguro á súa vÃtima e cóllea pola cintura. Ela berra e sacódese mentres el lle racha o vestido. O vello salta da árbore e golpea ao agresor que cae ao rÃo deixando libre á muller. Agora os dous son cabaleiros enriba de cabalos pura sangue. Van loitar pola honra da dama descoñecida que os mira atemorizada pero que non fai ademán de fuxir. Os cabaleiros mÃranse con odio instantáneo e ensinan os dentes coma cadelos que gardan unha casa. Erguen as lanzas e apuntan á cara do adversario. Os cabalos comezan a galopar feroces ata que se produce o inevitable choque no que os dous caen ao chan nun barullo metalizado. Érguense veloces e fican quedos o un fronte ó outro por uns intres. Sacan á luz as súas espadas e loitan sen descanso durante horas ata que o malvado cae ao chan ferido de morte, empapado en sangue e suor. O vencedor ergue a cabeza vitorioso e regálalle un tenro sorriso á dama que corre a abrazar ao seu salvador e bÃcao con paixón. “Heite de querer sempre”, bÃsballe ela.
Entón o vello esperta da súa aventura e sorrà cunha mestura de luxuria e ledicia. Entra na súa casiña pouquiño a pouco e senta na súa cadeira. Mentres, a muller rubia mÃrao namorada dende a outra e as bágoas enchen os ollos do home.