AbrÃn a gran porta da catedral e vinte ó fondo. Alà estabas ti, co teu gran vestido negro de raÃña tocando o piano. Rodeada de tules, de gasas… iluminada só pola pálida luz luar que entraba polas vidreiras case tapadas polo po e a cotra. O teu gran piano de cola negro escintilaba entre todas aquelas pedras silenciadas pola túa melodÃa. Esa canción triste que parecÃa que fundÃa almas ó seu paso. Pero esa, esa era a túa preferida… sempre te escoitaba tocala cando o teu corazón se esnaquizaba, cando as túas entrañas berraban mentres os teus beizos gardaban silencio, pero ese dÃa era distinto, a catedral estaba máis frÃa do normal. Deime de conta cando una bágoa escorreu polo teu vestido ata chegar ó inferno e desaparecer. Nunca te vira chorar asà que gardei silencio, coma sempre, agardando a que rematases a túa melodÃa, te ergueras e te abrazases a min con tódalas túas forzas. Eses abrazos eran os meus preferidos. PodÃa senti-lo teu corazón latexar sobre o meu peito e os teus suspiros na miña caluga. Pero ese dÃa non ocorreu asÃ. Non puiden ver case nada, nun intre a túa melodÃa silenciouse, paraches de tocar e só puiden observar un pequeno escintileo. Suspiraches e seguiches tocando, coma se nada… ArrepentirÃame toda a miña vida de quedarme quedo, de non ter ido ó teu carón, de non ter chorado xunto a ti, de non terche dado ese abrazo que tanto boto de menos agora. Cando as notas más agudas do final soaron, olleino: un regueiro de sangue caÃa polo teu gran vestido escuro de raÃña e debuxaba o chan. En segundos, e con fin pintado no aire, as teclas do piano tornáronse vermellas. O sangue chorreaba das túas mans, pero ti non parabas de tocar, non pararÃas ata que a morte cho impedise. E asà foi. Eu intenteino, alceiche a miña man dende o abismo, pero non conseguÃn arrebatarlle a súa presa ó eterno infinito. O teu cadro estaba a piques de ser rematado. As últimas notas soaron, as últimas bágoas caeron, os últimos suspiros encheron o aire con cheiro a po da túa gran catedral, e caÃches. Debruzaches sobre o teu gran piano, premendo tódalas súas teclas sanguinolentas que… estrañamente, gardaron silencio…
Eventos
« Agosto 2024 » L M Mr X V S D 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 Axenda deKieran O'Shea