Erma, infecunda, rexeitada, oprimida e impotente

Ana Redondo

Ana Redondo


Erma, infecunda, rexeitada, oprimida e impotente,
laméntome en alaridos de fame xorda de voces,
e polo escuro do baldío das miñas terras,
con ansias desexadas de persistencia.
Non obstante,
perdurarei nos ouvidos dos desherdados
así como eles o fixeron por min.
Esqueceranme os saloucos dos ingratos,
-os seus excrementos estanme a matar-
e tentarán queimarme coa súa insolente usurpación.
Mais a loita revivirá as feridas da marxinación,
que nunca foron esterilizadas,
e rexurdirá do estancamento a risa do feto
idéntico ao meu afluente e caudaloso caudal.
Erma, infecunda, rexeitada, oprimida e impotente

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.