Resumo do primeiro ano de Barbantia


O tesoureiro de Barbantia, Alberto Piñeiro, elaborou un informe no que resume todas as actividades que desenvolveu Barbantia durante o seu primeiro ano de funcionamento. Pódese descargar dende aquí .

Publicado en Actividade de Barbantia | Deixa un comentario

III Xornadas de Cultura Actual de Boiro

Hoxe 19 de outubro vai dar comezo en Boiro as terceiras xornadas da Cultura Actual de Boiro que co título xenérico “Muller e Cultura” van a traer á comarca a relevantes mulleres do panorama cultural galego.

Mércores 19 de Outubro.
20:30. Tratarase o tema A Muller en Galiza intervirán Xerardo Piñeiro; Inmaculada Robleda, directora do IES Praia Barraña; María Xosé Queizán, escritora; Xosé Deira, alcalde de Boiro; e a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo.Na Casa de Cultura Ramón Martínez López de Boiro

Xoves 20 de Outubro
– 12:00, A fotógrafa Maribel Longueira falará da súa profesión no IES Praia Barraña.
– 20:30, Debate Muller e política na que participarán 3 deputadas autonómicas galegas. Na Casa de Cultura Ramón Martínez López.

Venres 21 de Outbro
– 12:00, A pintora Berta Álvarez Cáccamo falará da súa profesión no IES Praia Barraña.
– 20:30, Mesa redonda Muller e literatura coa presenza das escritoras Teresa Moure, María do Cebreiro e Dolores Vilavedra. Rematará a xornada cunha actuación poético-musical a cargo de Estíbaliz Espinosa. Na Casa de Cultura Ramón Martínez López.

Sábado 22 de Outubro
– Muller e cultura popular na que participarán Xerardo Piñeiro, María Luisa López, Paula Ballesteros, Antón Riveiro, Xosé Deira e María Sol López Martínez, secretaria xeral de Política Ligüística.

Publicado en Actividade de Barbantia | Deixa un comentario

I Encontro de Creadores do Barbanza

Cartel do I encontro de Creadores

Os pasados 29 e 30 de Abril desenvolveuse na Casa de Cultura de Porto do Son o I encontro de creadores do Barbanza. O encontro estivo organizado polo Concello de Porto do Són, a Deputación Provincial de A Coruña e Barbantia.
No encontro presentáronse as obras plásticas que fixeron distintos autores/as a partir de textos poéticos que elaboraron poetas do Barbanza. Podes ver estes traballos aquí.

Podes ver todo o programa aquí

Publicado en Actividade de Barbantia | Deixa un comentario