Cadeas, de Xabier López López (Premio Xerais de Novela 2013)

CadeasBarbantia, Xerais Edicións, La Voz de Galicia, e a Libraría LER da Pobra do Caramiñal, convídante á saída do número 92 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á presentación do Premio Xerais de Novela 2013, Cadeas, de Xabier López López.

Intervirán:
• Amparo Cerecedo (Presidenta do Centro Comercial Aberto O Deán)
• Agustín Agra (Escritor e socio de Barbantia)
• Xabier López López (autor)

DATA: venres, 28 de febreiro de 2014
HORA:  20:30
LUGAR: Tenda-Escola O Deán (Rúa Rafael Calleja, 11-13, A Pobra do Caramiñal)

Publicado en Sen tema | Comentarios desactivados en Cadeas, de Xabier López López (Premio Xerais de Novela 2013)

Día de Rosalía – Presentación de Prosopagnosia e Como foi o conto e outras peças teatrais, de Alberte Pagán

peças-portadaprosopagnosiaBarbantia, o Concello de Boiro, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, La Voz de Galicia, e a Libraria Espazo Lector NOBEL, convídante á lectura pública no DÍA DE ROSALÍA e á presentación dos libros Prosopagnosia e Como foi o conto e outras peças treatrais, de Alberte Pagán.

No mesmo acto, proxectarase o filme Pelicula urgente por Palestina (Alberte Pagán, 2012, 14 minutos).

DATA: Luns, 24 de febreiro de 2014
LUGAR: Libraria Espazo Lector NOBEL de Boiro (Rúa Manuel María)
HORA: 20:00

Logos_Febreiro_Alberte_Pagán

Publicado en Actividade de Barbantia, Novidade na Web de Barbantia | Comentarios desactivados en Día de Rosalía – Presentación de Prosopagnosia e Como foi o conto e outras peças teatrais, de Alberte Pagán

Presentación do último Premio García Barros, A lúa da colleita, de Anxos Sumai e do número 91 de A Voz de Barbantia en Rianxo

Editorial Galaxia

A lúa da colleita, de Anxos Sumai
Editorial Galaxia

Barbantia, Editorial Galaxia, La Voz de Galicia e o Concello de Rianxo, convídante á presentación do suplemento cultural número 91 de A Voz de Barbantia e mais á presentación do último Premio García Barros 2013:

A LÚA DA COLLEITA
de Anxos Sumai

Intervirán, amais da autora, os escritores Uxía Casal, Iria Lago, Antón Riveiro Coello; e Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo.

O acto terá lugar o venres, 31 de xaneiro de 2014, ás 20:30 hrs. no Auditorio de Rianxo.
No mesmo acto terá lugar a intervención pictórica de Noel Pérez Fungueiriño e a participación musical de Israel Figueirido.

Publicado en Actividade de Barbantia, Novidade na Web de Barbantia | Comentarios desactivados en Presentación do último Premio García Barros, A lúa da colleita, de Anxos Sumai e do número 91 de A Voz de Barbantia en Rianxo