PREMIOS BARBANTIA DA CULTURA 2013

Barbantia. Anuario de Estudos do Barbanza 2013

Barbantia. Anuario de Estudos do Barbanza 2013

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Outes convídante á saída do número 90 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á presentación do ANUARIO DE ESTUDOS DO BARBANZA 2013, nun acto que terá lugar o sábado 14 de decembro, ás 12:30 horas, na Casa da Cultura de Outes, e no que estarán presentes a vogal da asociación María Xesús Blanco; o coordinador do anuario, Manuel Cartea; o presidente de Barbantia, Xesús Laíño e o alcalde de Outes, Carlos E. López Crespo.

Ao remate da presentación do volume, entregaranse os PREMIOS BARBANTIA DA CULTURA 2013.

Publicado en Actividade de Barbantia, Novidade na Web de Barbantia | Comentarios desactivados en PREMIOS BARBANTIA DA CULTURA 2013

Presentación do libro Presenza dunha Ausencia de Anxo A. Rei Ballesteros

Presenza dunha ausencia

Presenza dunha ausencia, sobre Maurice Blanchot

A Asociación Cultural Barbantia, a Editorial Axóuxere, La Voz de Galicia, e o Concello da Pobra do Caramiñal, convídante á saída do número 89 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á presentación do libro:

Presenza dunha Ausencia
Sobre Maurice Blanchot
                                                       de Anxo A. Rei Ballesteros
.

Intervirán:

  • Arturo Casas (Profesor da USC)
  • Xesús Laíño (Presidente de Barbantia)
  • Isaac Maceiras (Alcalde da Pobra)

O acto terá lugar o venres, 29 de novembro de 2013, ás 20:30 hrs. no Auditorio Valle-Inclán, situado na Rúa Torre Bermúdez s.n., da Pobra do Caramiñal.

Barbantia_N2013_pe

Publicado en Sen tema | Comentarios desactivados en Presentación do libro Presenza dunha Ausencia de Anxo A. Rei Ballesteros

Presentación do libro Acordes Náufragos de Antón Riveiro Coello

Acordes Náufragos

Acordes Náufragos de Antón Riveiro Coello

Barbantia, Editorial Galaxia, La Voz de Galicia, o Espazo Lector NOBEL e o Concello de Boiro, convídante á presentación do suplemento cultural número 88 de A Voz de Barbantia e mais á presentación do libro

ACORDES NÁUFRAGOS
de Antón Riveiro Coello

Intervirán:

  • Xesús Laíño (Presidente de Barbantia)
  • Isabel Santos (Directiva de Barbantia)
  • Víctor F. Freixanes (Editorial Galaxia)
  • Juan José Dieste (Alcalde de Boiro)

O acto terá lugar o venres, 25 de outubro de 2013, ás 20:30 hrs. na Estación Leñaverde, situada no Centro Social de Boiro (Rúa Manuel María, s.n.)

LogosPie

Publicado en Sen tema | Comentarios desactivados en Presentación do libro Acordes Náufragos de Antón Riveiro Coello