Presentación do número 84 do suplemento cultural A Voz de Barbantia e do libro Olladas, de Adelaida Vidal.

Olladas, de Adelaida Vidal

Olladas, de Adelaida Vidal

A Asociación Cultural Barbantia, Sotelo Blanco Edicións, La Voz de Galicia, e o Club Náutico de Ribeira, convídante á saída do número 84 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á presentación do libro Olladas, de Adelaida Vidal.
Intervirán:
  • Ánxela Gracián (Editorial Sotelo Blanco)
  • Manuel Cartea (Club Náutico de Ribeira)
  • Pastor Rodríguez (Coordinador de Barbantia)
O acto terá lugar o venres, 26 de abril de 2013, ás 20:30 hrs. no Club Náutico de Ribeira.
Publicado en Sen tema | Comentarios desactivados en Presentación do número 84 do suplemento cultural A Voz de Barbantia e do libro Olladas, de Adelaida Vidal.

Presentación do libro A Pobra do Caramiñal. Cronoloxía Histórica

Cronoloxia-e-historia

A Pobra do Caramiñal. Cronoloxía Histórica de X. Pastor Rodríguez.

A A.C. Barbantia ten o pracer de convidarvos á presentación de A Pobra do Caramiñal. Cronoloxía Histórica, de Xoán Pastor Rodríguez Santamaría. Un acto que terá lugar o vindeiro martes 23 de abril, ás 20:00 h., no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra.

Intervirán:

  •    Encarna González (Concelleira de cultura)
  •    Xerardo Agrafoxo (historiador)
  •    Xesús Laíño (Presidente da A.C. Barbantia)
  •    Isaac Maceiras Rivas (Alcalde da Pobra)

Amenizará o acto o pianista Toño Pita.

 

Publicado en Sen tema | Comentarios desactivados en Presentación do libro A Pobra do Caramiñal. Cronoloxía Histórica

Presentación do número 83 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como a presentación da obra ‘Ocultos. Animais extraordinarios’

Ocultos. Animais Extraordinarios

Ocultos. Animais Extraordinarios por Xulio Gutiérrez e Nicolás Fernández

A Asociación Cultural Barbantia, a Galería Sargadelos, La Voz de Galicia, FAKTORÍAKDELIBROS e o Concello de Boiro convídante á saída do número 83 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á presentación da obra ‘Ocultos. Animais extraordinarios’, de Xulio Gutiérrez e Nicolás Fernández, nun acto que terá lugar o venres 22 de marzo, ás 20:30 horas, na Galería Sargadelos Barbanza de Boiro e no que estarán presentes, amais dos autores, José María Heras (FaktoríaKdeLibros), Agustín Agra e Helena Teixeira, concelleira de Cultura de Boiro.

Este acto acto estará amenizado polo grupo de música antiga Menestreis.

Marzo de 2013

GALERÍA SARGADELOS
Rúa Principal, 65
BOIRO

Publicado en Sen tema | Comentarios desactivados en Presentación do número 83 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como a presentación da obra ‘Ocultos. Animais extraordinarios’