Presentación do libro A Pobra do Caramiñal. Cronoloxía Histórica

Cronoloxia-e-historia

A Pobra do Caramiñal. Cronoloxía Histórica de X. Pastor Rodríguez.

A A.C. Barbantia ten o pracer de convidarvos á presentación de A Pobra do Caramiñal. Cronoloxía Histórica, de Xoán Pastor Rodríguez Santamaría. Un acto que terá lugar o vindeiro martes 23 de abril, ás 20:00 h., no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra.

Intervirán:

  •    Encarna González (Concelleira de cultura)
  •    Xerardo Agrafoxo (historiador)
  •    Xesús Laíño (Presidente da A.C. Barbantia)
  •    Isaac Maceiras Rivas (Alcalde da Pobra)

Amenizará o acto o pianista Toño Pita.

 

Publicado en Sen tema | Comentarios desactivados en Presentación do libro A Pobra do Caramiñal. Cronoloxía Histórica

Presentación do número 83 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como a presentación da obra ‘Ocultos. Animais extraordinarios’

Ocultos. Animais Extraordinarios

Ocultos. Animais Extraordinarios por Xulio Gutiérrez e Nicolás Fernández

A Asociación Cultural Barbantia, a Galería Sargadelos, La Voz de Galicia, FAKTORÍAKDELIBROS e o Concello de Boiro convídante á saída do número 83 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á presentación da obra ‘Ocultos. Animais extraordinarios’, de Xulio Gutiérrez e Nicolás Fernández, nun acto que terá lugar o venres 22 de marzo, ás 20:30 horas, na Galería Sargadelos Barbanza de Boiro e no que estarán presentes, amais dos autores, José María Heras (FaktoríaKdeLibros), Agustín Agra e Helena Teixeira, concelleira de Cultura de Boiro.

Este acto acto estará amenizado polo grupo de música antiga Menestreis.

Marzo de 2013

GALERÍA SARGADELOS
Rúa Principal, 65
BOIRO

Publicado en Sen tema | Comentarios desactivados en Presentación do número 83 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como a presentación da obra ‘Ocultos. Animais extraordinarios’

Debate sobre a “Nova Narrativa Galega” e presentación de “Sete de Biblos” na Pobra

Sete de Biblos

Sete de Biblos

A Asociación Cultural Barbantia, o I.E.S. da Pobra do Caramiñal, La Voz de Galicia e a Editorial Biblos, convídante ao debate sobre A Nova Narrativa Galega e á presentación da obra Sete de Biblos, nun acto que terá lugar o xoves 21 de marzo, ás 20:00 horas, no  Auditorio Valle-Inclán da Pobra, e no que estarán presentes:

  • Tucho Calvo (Director literario de Biblos)
  • Carlos Mosteiro
  • Iria López
  • Alberto Ramos
  • Patricia Casas
  • Berta Dávila
  • Iria Morgade

Marzo de 2013

AUDITORIO VALLE-INCLÁN
Rúa Torre Bermúdez, s/n
A POBRA DO CARAMIÑAL

Publicado en Sen tema | Comentarios desactivados en Debate sobre a “Nova Narrativa Galega” e presentación de “Sete de Biblos” na Pobra