Presentación do número 83 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como a presentación da obra ‘Ocultos. Animais extraordinarios’

Ocultos. Animais Extraordinarios

Ocultos. Animais Extraordinarios por Xulio Gutiérrez e Nicolás Fernández

A Asociación Cultural Barbantia, a Galería Sargadelos, La Voz de Galicia, FAKTORÍAKDELIBROS e o Concello de Boiro convídante á saída do número 83 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á presentación da obra ‘Ocultos. Animais extraordinarios’, de Xulio Gutiérrez e Nicolás Fernández, nun acto que terá lugar o venres 22 de marzo, ás 20:30 horas, na Galería Sargadelos Barbanza de Boiro e no que estarán presentes, amais dos autores, José María Heras (FaktoríaKdeLibros), Agustín Agra e Helena Teixeira, concelleira de Cultura de Boiro.

Este acto acto estará amenizado polo grupo de música antiga Menestreis.

Marzo de 2013

GALERÍA SARGADELOS
Rúa Principal, 65
BOIRO

Publicado en Sen tema | Comentarios desactivados en Presentación do número 83 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como a presentación da obra ‘Ocultos. Animais extraordinarios’

Debate sobre a “Nova Narrativa Galega” e presentación de “Sete de Biblos” na Pobra

Sete de Biblos

Sete de Biblos

A Asociación Cultural Barbantia, o I.E.S. da Pobra do Caramiñal, La Voz de Galicia e a Editorial Biblos, convídante ao debate sobre A Nova Narrativa Galega e á presentación da obra Sete de Biblos, nun acto que terá lugar o xoves 21 de marzo, ás 20:00 horas, no  Auditorio Valle-Inclán da Pobra, e no que estarán presentes:

  • Tucho Calvo (Director literario de Biblos)
  • Carlos Mosteiro
  • Iria López
  • Alberto Ramos
  • Patricia Casas
  • Berta Dávila
  • Iria Morgade

Marzo de 2013

AUDITORIO VALLE-INCLÁN
Rúa Torre Bermúdez, s/n
A POBRA DO CARAMIÑAL

Publicado en Sen tema | Comentarios desactivados en Debate sobre a “Nova Narrativa Galega” e presentación de “Sete de Biblos” na Pobra

Conferencia de Xesús Alonso Montero: “Significado no seu tempo e no noso de Cantares gallegos”.

Cantares Gallegos

Cantares Gallegos por Rosalía Castro e Murgía

A Asociación Cultural Barbantia, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, La Voz de Galicia, e o Concello de Noia convídante á saída do número 82 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, á lectura pública no DÍA DE ROSALÍA e á conferencia do profesor Xesús Alonso Montero: Significado no seu tempo e no noso de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, nun acto que terá lugar o sábado 23 de febreiro, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura de Noia e no que estarán presentes, amais do conferenciante, Xesús Laíño, Presidente de Barbantia; Blanca-Ana Roig Rechou, directora de proxectos de investigación do Centro Ramón Piñeiro e Rafael García Guerrero, alcalde de Noia.

Febreiro de 2013

CASA DA CULTURA ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS
Rúa Corredoira Luís Cadarso, s/n
CONCELLO DE NOIA

Publicado en Sen tema | Comentarios desactivados en Conferencia de Xesús Alonso Montero: “Significado no seu tempo e no noso de Cantares gallegos”.