Anuario de estudos do Barbanza 2012 e premios Barbantia da Cultura

anuario_2012.jpg

Anuario de estudos do Barbanza 2012

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Lousame convídante á saída dun novo número do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á presentación do ANUARIO DE ESTUDOS DO BARBANZA 2012, nun acto que terá lugar o sábado 15 de decembro, ás 12:30 horas, na Casa da Cultura de Lousame, e no que estarán presentes o coordinador do anuario, Manuel Cartea; o presidente de Barbantia, Xesús Laíño e a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde Pais.
Ao remate da presentación do volume, entregaranse os PREMIOS BARBANTIA DA CULTURA 2012.

Publicado en Sen tema | Comentarios desactivados en Anuario de estudos do Barbanza 2012 e premios Barbantia da Cultura

Tonas de laranxa, Iria e A Voz de Barbantia en Outes

tonas_de_laranxa.jpgiria.jpgiii_recompilatorio.jpg
A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, Editorial Xerais, e o Concello de Outes convídante á presentación das obras Tonas de laranxa, de Manuel Lorenzo Baleirón e María Lorenzo Míguens; Iria, de Anxo Angueira e o III recompilatorio de A Voz de Barbantia, nun acto que terá lugar o venres 30 de novembro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura do Concello de Outes, Avenida de San Campio, 1, e no que estarán presentes, amais dos autores, Manuel Bragado, director de Xerais, Manuel Cartea,
Vicepresidente de Barbantia; Ramón Ares, Delegado de La Voz de Galicia, e Carlos E. López Crespo, Alcalde de Outes.

Publicado en Sen tema | Comentarios desactivados en Tonas de laranxa, Iria e A Voz de Barbantia en Outes

Presentación en Boiro de “Verde Oliva”, de Xavier Alcalá.

xavier-alcala.png
A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, Editorial Galaxia, e a Galería Sargadelos de Boiro convídante á saída do número 78 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á presentación da obra Verde oliva, de Xavier Alcalá, nun acto que terá lugar o venres 26 de outubro, ás 20:30 horas, na Galería Sargadelos, Rúa Principal, nº 65, e no que estarán presentes, amais do autor, Víctor Freixanes, director da Editorial Galaxia; e María Xesús Blanco e Xerardo Agrafoxo da A. C. Barbantia.
Inaugurarase no mesmo acto a exposición do artista Rianxeiro Che Tembra.

Publicado en Sen tema | Comentarios desactivados en Presentación en Boiro de “Verde Oliva”, de Xavier Alcalá.