Tonas de laranxa, Iria e A Voz de Barbantia en Outes

tonas_de_laranxa.jpgiria.jpgiii_recompilatorio.jpg
A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, Editorial Xerais, e o Concello de Outes convídante á presentación das obras Tonas de laranxa, de Manuel Lorenzo Baleirón e María Lorenzo Míguens; Iria, de Anxo Angueira e o III recompilatorio de A Voz de Barbantia, nun acto que terá lugar o venres 30 de novembro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura do Concello de Outes, Avenida de San Campio, 1, e no que estarán presentes, amais dos autores, Manuel Bragado, director de Xerais, Manuel Cartea,
Vicepresidente de Barbantia; Ramón Ares, Delegado de La Voz de Galicia, e Carlos E. López Crespo, Alcalde de Outes.

Publicado en Sen tema | Comentarios desactivados en Tonas de laranxa, Iria e A Voz de Barbantia en Outes

Presentación en Boiro de “Verde Oliva”, de Xavier Alcalá.

xavier-alcala.png
A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, Editorial Galaxia, e a Galería Sargadelos de Boiro convídante á saída do número 78 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á presentación da obra Verde oliva, de Xavier Alcalá, nun acto que terá lugar o venres 26 de outubro, ás 20:30 horas, na Galería Sargadelos, Rúa Principal, nº 65, e no que estarán presentes, amais do autor, Víctor Freixanes, director da Editorial Galaxia; e María Xesús Blanco e Xerardo Agrafoxo da A. C. Barbantia.
Inaugurarase no mesmo acto a exposición do artista Rianxeiro Che Tembra.

Publicado en Sen tema | Comentarios desactivados en Presentación en Boiro de “Verde Oliva”, de Xavier Alcalá.

Presentación en Noia de “Trampa de luz”, de Agustín Agra.

trampa_de_luz.jpg

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, Editorial Xerais, e o Concello de Noia convídante á saída do número 77 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á presentación da obra Trampa de luz, de Agustín Agra, nun acto que terá lugar o venres 28 de setembro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos, Rúa Luís Cadarso, s/n, e no que estarán presentes, amais do autor, Milagros Torrado, Secretaria de Barbantia; Xesús Laíño, Presidente de Barbantia; e Rafael García Guerrero, Alcalde de Noia

Publicado en Sen tema | Comentarios desactivados en Presentación en Noia de “Trampa de luz”, de Agustín Agra.