Presentación en Boiro de “Verde Oliva”, de Xavier Alcalá.

xavier-alcala.png
A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, Editorial Galaxia, e a Galería Sargadelos de Boiro convídante á saída do número 78 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á presentación da obra Verde oliva, de Xavier Alcalá, nun acto que terá lugar o venres 26 de outubro, ás 20:30 horas, na Galería Sargadelos, Rúa Principal, nº 65, e no que estarán presentes, amais do autor, Víctor Freixanes, director da Editorial Galaxia; e María Xesús Blanco e Xerardo Agrafoxo da A. C. Barbantia.
Inaugurarase no mesmo acto a exposición do artista Rianxeiro Che Tembra.

Publicado en Sen tema | Comentarios desactivados en Presentación en Boiro de “Verde Oliva”, de Xavier Alcalá.

Presentación en Noia de “Trampa de luz”, de Agustín Agra.

trampa_de_luz.jpg

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, Editorial Xerais, e o Concello de Noia convídante á saída do número 77 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á presentación da obra Trampa de luz, de Agustín Agra, nun acto que terá lugar o venres 28 de setembro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos, Rúa Luís Cadarso, s/n, e no que estarán presentes, amais do autor, Milagros Torrado, Secretaria de Barbantia; Xesús Laíño, Presidente de Barbantia; e Rafael García Guerrero, Alcalde de Noia

Publicado en Sen tema | Comentarios desactivados en Presentación en Noia de “Trampa de luz”, de Agustín Agra.

Obra Completa Manuel Antonio, en Rianxo

manuel_antonio_prosa.jpg
A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia e o Concello de Rianxo convídante á saída do número 76 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á presentación do primeiro volume da “Obra Completa Manuel Antonio”, editada conxu…ntamente pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié, nun acto que terá lugar o venres 29 de xuño, ás 20:30 horas, no Centro Sociocultural – Auditorio de Rianxo, e no que estarán presentes Xosé Luis Axeitos, editor literario; Diego Rodríguez, bibliotecario da Fundación Barrié; Xesús Santos Suárez, escritor e socio de Barbantia; e Adolfo Muíños, Alcalde de Rianxo

Publicado en Sen tema | Comentarios desactivados en Obra Completa Manuel Antonio, en Rianxo