Presentación en Boiro de “Contos da terra da tarde”, de Bieito Iglesias

contos.png
A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, Editorial Galaxia e o Concello de Boiro convídanvos á saída do número 74 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á presentación do libro Contos da terra da tarde, de Bieito Iglesias.
O acto terá lugar o venres 27 de abril, ás 20:30 h., no Salón de Actos do Centro Social de Boiro, e nel estarán presentes, amais do autor, Xesús Laíño, presidente de Barbantia, Xosé Ricardo Losada e Helena Teixeira, concelleira de cultura.
A continuación do acto terá lugar o concerto David Lojo Quartet, na Estación Leñaverde.

Publicado en Sen tema | Comentarios desactivados en Presentación en Boiro de “Contos da terra da tarde”, de Bieito Iglesias

Noite de Poesía Salvaxe

noite_de_poesia_salvaxe_copia.jpg
A Asociación Cultural Barbantia xunto coa Pousada das Ánimas convídavos á “Noite de poesía salvaxe” o vindeiro día 23 de marzo ás 21:00 horas. Terá lugar na Pousada das Ánimas, sita en Boiro.

Publicado en Sen tema | Comentarios desactivados en Noite de Poesía Salvaxe

Presentación de As Fiandeiras, de Antonio Piñeiro

as_fiandeira.jpg
A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, a editorial Galaxia e o Concello de Ribeira convídanvos á saída do número 73 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á presentación do libro de Antonio Piñeiro As fiandeiras, nun acto que terá lugar o venres 30 de marzo, ás 20:00 horas, na Sala Museo Municipal de Ribeira, e no que estarán presentes, ademais do autor, Carlos Lema, director da editorial Galaxia; Xesús Laíño, presidente de Barbantia e Elvira Pisos, concelleira de cultura.

Publicado en Novidade na Web de Barbantia, Sen tema | Comentarios desactivados en Presentación de As Fiandeiras, de Antonio Piñeiro