II Romaría das Letras no Barbanza

ii_romaria_das_letras_no_barbanza_paxina_1.jpg
II ROMARÍA das LETRAS no BARBANZA, 17 DE MAIO 2012

PROGRAMA:
PAZO DE GOIÁNS:
11:00 horas: apertura recinto e recibimento.
11:30 horas: actuación do grupo de pandeireteiras Albaroque.
12:45 horas: actuación do grupo de gaitas da Escola de Música Municipal e Albaroque.
13:00 horas: mostra de baile galego a cargo do grupo Xilbarbeira.
13:45 horas: actuación a cargo do grupo de gaitas Algarabía.

RÚA PEONIL DE BOIRO:
11:00 a 13:00 horas: LIBROS e CONTOS + LETRAS E TAPAS (organiza Concellería de Cultura de Boiro), onde se repartirá información das Letras Galegas 2012 a todas as persoas que ese día ocupen as terrazas da hostelería boirense. Nesta actividade colaboran a Mancomunidade Arousa Norte, que sorteará bonos gastronómicos entre a xente que participe na iniciativa, a Asociación Boirense de Empresarios e os locais de hostalaría do casco urbano de Boiro.
12:00 horas: Romance de cego pola rúa peonil (O Faiado 2).

PAZO DE GOIÁNS:
14:30 horas: xantar, coa presenza dun polbeiro, que venderá racións de polbo, carne ao caldeiro, churraso, viño do país
16:00 horas: recital de textos de PAZ ANDRADE, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012 e discursos institucionais.
16:30 horas: presentación do libro,” O alento nas costas”, da escritora boirense Natalia Carou, con presencia da directora de Baia Edicións, Belén López Vázquez e Xesús Laíño, presidente de Barbantia.
17:30 horas: Romance de cego a cargo de O Faiado 2.
17:45 horas: paseo botánico e etnográfico pola leira do pazo de Goiáns, con explicacións do profesor Xulio Gutiérrez e mais de María Luísa López, presidenta da Asociación Artesá e Etnográfica O Faiado 2.
18: 30 horas: actuación do grupo de pandeireteiras Nunca é tarde e O Son das cerreñas .
19:30 horas: Actuación da Banda de Música Tradicional Suevia, de Porto do Son e o gaiteiro ANXO LORENZO.
22:30 horas: Remate da II Romaría das Letras.
Durante toda a xornada estarán abertos ao público os stands dos colectivos colaboradores como das distintas editoriais do Barbanza e galegas,así como a exposición de CHE TEMBRA e a das LETRAS GALEGAS 2012. VALENTÍN PAZ ANDRADE.

COORDINADORES/ORGANIZADORES
Asociación Cultural Barbantia
Asociación Artesá e Etnográfica O Faiado-2

COLABORADORES
Concello de Boiro
Concello de Porto do Son
Diputación da Coruña
Asociación Cultural Borobó
Asociación de Veciños “Cruceiro do Monxo” de Bealo
ABE Asociación Boirense de Empresarios
Mancomunidade Arousa Norte
Baía Edicións
Editorial Bourel
Libraría LER da Pobra
Escola de Müsica Municipal de Boiro
Artesán José de Nebra
Che Tembra
Talla de madeira Roberta Figueira
ACAB: Amigos do Centro Arqueolóxico do Barbanza
Asociación Protectora de Animais Moura
J. J. Chicolino
Piroctenia Ricardo Resúa
Churrería Fina Blanco García
Rosquilleira
Polbeiro de Pontecesures
Abadía de San Enrique

Publicado en Sen tema | Comentarios desactivados en II Romaría das Letras no Barbanza

Presentación en Boiro de “Contos da terra da tarde”, de Bieito Iglesias

contos.png
A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, Editorial Galaxia e o Concello de Boiro convídanvos á saída do número 74 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á presentación do libro Contos da terra da tarde, de Bieito Iglesias.
O acto terá lugar o venres 27 de abril, ás 20:30 h., no Salón de Actos do Centro Social de Boiro, e nel estarán presentes, amais do autor, Xesús Laíño, presidente de Barbantia, Xosé Ricardo Losada e Helena Teixeira, concelleira de cultura.
A continuación do acto terá lugar o concerto David Lojo Quartet, na Estación Leñaverde.

Publicado en Sen tema | Comentarios desactivados en Presentación en Boiro de “Contos da terra da tarde”, de Bieito Iglesias

Noite de Poesía Salvaxe

noite_de_poesia_salvaxe_copia.jpg
A Asociación Cultural Barbantia xunto coa Pousada das Ánimas convídavos á “Noite de poesía salvaxe” o vindeiro día 23 de marzo ás 21:00 horas. Terá lugar na Pousada das Ánimas, sita en Boiro.

Publicado en Sen tema | Comentarios desactivados en Noite de Poesía Salvaxe