Presentación de “Laura no deserto”, de Antón Riveiro Coello

laura-no-deserto-97884986539531.jpg
A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, o Liceo Pueblense e a Editorial Galaxia teñen o pracer de convidalos á saida dun novo número de A Voz de Barbantia e á presentación de LAURA NO DESERTO, de Antón Riveiro Coello. Terá lugar o vindeiro venres 24 de febreiro, ás 20:30 h, no salón de actos do Liceo de A Pobra do Caramiñal (Rúa da Paz, 27). Participan Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia; Xesús Laíño, presidente de Barbantia; Jorge Abal Caamaño, presidente do Liceo Pueblense; e o autor da novela e directivo de Barbantia, Antón Riveiro Coello.

Publicado en Sen tema | Comentarios desactivados en Presentación de “Laura no deserto”, de Antón Riveiro Coello

Presentación de “Mulleres na guerrilla antifranquista” e proxección de “As silenciadas”

as-silenciadas.png

A Asociación Cultural Barbantia comprácese en convidarvos á presentación do libro Mulleres na guerrilla antifranquista galega, da profesora Aurora Marco, así como á proxección do documental As Silenciadas, de Pablo Ces. O acto terá lugar o vindeiro sábado, 4 de febreiro, ás 20.00 h., na Casa de Cultura de Xuño e contará coa participación da autora, de Pablo Ces, director do documental, e Xesús Laíño, presidente de Barbantia.

Publicado en Sen tema | Comentarios desactivados en Presentación de “Mulleres na guerrilla antifranquista” e proxección de “As silenciadas”

Presentación de “Poñente”, de Pere Tobaruela, en Rianxo

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, a Fundación Castelao, Editorial Galaxia, Edicións Xerais de Galicia e o Concello de Rianxo convídante á saída dun novo número do suplemento cultural “A Voz de Barbantia”, así como á celebración no Auditorio de Rianxo dos ACTOS CASTELAO 2012, que, entre outras actividades, incluirán:

ponente.jpg

1) a presentación do libro POÑENTE, de Pere Tobaruela; nun acto que terá lugar o venres 27 de xaneiro, ás 20:30 horas, e no que estarán presentes, amais do autor, a escritora e profesora Ana Isabel Boullón; o director de Xerais, Manuel Bragado; os directivos de Barbantia Xesús Laíño e Carlos Mosteiro; e mais o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños. Contaremos cunha actuación musical a cargo de Antón Alcalde e Iago Hermo (da Escola de Música de Rianxo). Amais, ese mesmo serán inaugurarase a exposición “Castelao Vive. Esculturas de Nuco Losada”.

2) A presentación, o sábado 28 de xaneiro, ás 12:00 horas, do libro VIVIR, UNHA AVENTURA IRREPETÍBEL. BIOGRAFÍA DE Mª DO CARME KRUKEMBERG, de Mercedes Queixas, coa presenza da autora e mais do escritor e coordinador de edicións de Ed. Galaxia Francisco Castro, así como da secretaria de Barbantia, Milagros Torrado. A seguir, terá lugar un recital poético no que participarán Esther F. Carrodeguas, Milagros Torrado e María Xesús Blanco, cunha intervención plástica do pintor Salvador Fernández Laíño.
imagenproducto.jpg

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Presentación de “Poñente”, de Pere Tobaruela, en Rianxo