Noite de Poesía Salvaxe

noite_de_poesia_salvaxe_copia.jpg
A Asociación Cultural Barbantia xunto coa Pousada das Ánimas convídavos á “Noite de poesía salvaxe” o vindeiro día 23 de marzo ás 21:00 horas. Terá lugar na Pousada das Ánimas, sita en Boiro.

Publicado en Sen tema | Comentarios desactivados en Noite de Poesía Salvaxe

Presentación de As Fiandeiras, de Antonio Piñeiro

as_fiandeira.jpg
A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, a editorial Galaxia e o Concello de Ribeira convídanvos á saída do número 73 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á presentación do libro de Antonio Piñeiro As fiandeiras, nun acto que terá lugar o venres 30 de marzo, ás 20:00 horas, na Sala Museo Municipal de Ribeira, e no que estarán presentes, ademais do autor, Carlos Lema, director da editorial Galaxia; Xesús Laíño, presidente de Barbantia e Elvira Pisos, concelleira de cultura.

Publicado en Novidade na Web de Barbantia, Sen tema | Comentarios desactivados en Presentación de As Fiandeiras, de Antonio Piñeiro

Presentación de “Laura no deserto”, de Antón Riveiro Coello

laura-no-deserto-97884986539531.jpg
A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, o Liceo Pueblense e a Editorial Galaxia teñen o pracer de convidalos á saida dun novo número de A Voz de Barbantia e á presentación de LAURA NO DESERTO, de Antón Riveiro Coello. Terá lugar o vindeiro venres 24 de febreiro, ás 20:30 h, no salón de actos do Liceo de A Pobra do Caramiñal (Rúa da Paz, 27). Participan Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia; Xesús Laíño, presidente de Barbantia; Jorge Abal Caamaño, presidente do Liceo Pueblense; e o autor da novela e directivo de Barbantia, Antón Riveiro Coello.

Publicado en Sen tema | Comentarios desactivados en Presentación de “Laura no deserto”, de Antón Riveiro Coello