I Romaría das Letras no Barbanza

lois_pereiro1.jpg

A Asociación Cultural Barbantia, a Asociación Artesá e Etnográfica “O Faiado-2”, a Asociación de Veciños “Cruceiro do Monxo”, a Escola de Música Municipal e o Concello de Boiro convídante á celebración da I ROMARÍA das LETRAS no BARBANZA, o vindeiro 17 de maio, na finca do pazo de Goiáns, co seguinte PROGRAMA:

-11:30 horas: actuación do grupo de gaitas da Escola de Música Municipal.
-11:45 horas: actuación do grupo de pandeireteiras da Escola de Música Municipal.
-12:00 horas: presentación do libro O negro leite da aurora. Viaxe á xeografía lírica de Lois Pereiro (Editorial Toxosoutos), coa presenza dos seus autores: José Luis Calvo e Carlos Gegúndez López, así como do director de Toxosoutos, David González Couso.
-12:45 horas: actuación do grupo de gaitas da Escola de Música.
-13:00 horas: Mostra de baile galego, co grupo “Xilbarbeira”.
-14:30 horas: xantar, coa presenza dun pulpeiro, que venderá polbo, carne ao caldeiro e churrasco.
-16:00 horas: recital de textos de Lois Pereiro, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2011.
-17:00 horas: paseo botánico e etnográfico pola finca e o pazo, con explicacións do profesor Xulio Gutiérrez e mais de María Luísa López, presidenta da Asociación Artesá e Etnográfica “O Faiado-2”.
-18: 00 horas: actuación do grupo de pandeireteiras “Nunca é tarde”.
-19:30 horas: remate da I ROMARÍA das LETRAS no BARBANZA.

Así mesmo, durante toda a xornada estarán abertos ao público os stands dos seguintes colectivos colaboradores: Asociación Cultural Barbantia, Asociación Artesá e Etnográfica “O Faiado-2”, Asociación Cultural “Borobó”, Asociación de Veciños “Cruceiro do Monxo”, instrumentos medievais, renacentistas e barrocos do grupo de música antiga “Os Menestreis” e torno de varas do artesán de instrumentos tradicionais “José de Nebra”.

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en I Romaría das Letras no Barbanza

“En castellano no hay problema”

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia e o Concello de Boiro convídante á saída dun novo número do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á presentación do libro de Carlos Callón En castellano no hay problema, nun acto que terá lugar no Centro Social de Boiro, o venres 29 de abril ás 20:30 horas, e no que estarán presentes, amais do autor, Antón Riveiro Coello, directivo de Barbantia; Xesús Laíño, presidente de Barbantia; Gerardo Piñeiro, concelleiro de cultura; e Xosé Deira, alcalde de Boiro.

en-castellano-no-hay-problema.jpg

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en “En castellano no hay problema”

Aurora Lestón Mayo presenta “O Vákner e o dragón”

aurora-leston-mayo.jpg

A Asociación Cultural Barbantia, a Editorial Toxosoutos e o Concello de Muros convídante á presentación do libro O Vákner e o dragón, de Aurora Lestón Mayo, nun acto que terá lugar na Casa da Cultura do Esteiro (Muros) o venres 8 de abril, ás 20:30 horas. Amais da autora, estarán presentes Fernando Alonso Romero, catedrático de Historia e Cultura dos países de fala inglesa, da USC; David González Couso, director da Editorial Toxosoutos; Milagros Torrado Cespón, secretaria de Barbantia; e mais Laura Eiras, concelleira de cultura de Muros.

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Aurora Lestón Mayo presenta “O Vákner e o dragón”