Acto con Inma López Silva, na librería Ler da Pobra

inma-lopez-silva.jpg

A Asociación Cultural Barbantia, a librería Ler da Pobra do Caramiñal e a Editorial Galaxia convídante á presentación de Memoria de cidades sen luz, de Inma López Silva, nun acto que terá lugar na librería Ler da Pobra o venres 4 de marzo, ás 20:30 horas, e no que estarán presentes a autora; a directiva de Barbantia María Xesús Blanco; o coordinador da asociación, Alberto Piñeiro; e mais o presidente, Xesús Laíño.

Publicado en Sen tema | Comentarios desactivados en Acto con Inma López Silva, na librería Ler da Pobra

Presentación da última novela de Víctor F. Freixanes en Noia

cabalo-de-ouros-reducido-al-40-por-ciento22.jpg

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, Editorial Galaxia e o Concello de Noia convídante á saída dun novo número do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á presentación da novela Cabalo de ouros, de Víctor F. Freixanes.
O acto terá lugar na Casa da Cultura “Avilés de Taramancos” de Noia, o venres 25 de febreiro, ás 20:30 h; e nel estarán presentes, amais do autor, os socios de Barbantia Antón Riveiro Coello, Xerardo AgraFoxo, Encarna Pego e Isabel Santos; e o alcalde de Noia, Rafael G. Guerrero.

Publicado en Sen tema | Comentarios desactivados en Presentación da última novela de Víctor F. Freixanes en Noia

Entrega dos Premios Barbantia 2010 e o Anuario en Porto do Son

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Porto do Son convidan á presentación do Anuario de Estudos do Barbanza 2010, así como á entrega dos Premios Barbantia da Cultura, actos que terán lugar na Casa da Cultura de Porto do Son, o venres 3 de decembro, ás 20:30 horas, e nos que estarán presentes os socios de Barbantia Manuel Cartea e Xesús Laíño; o concelleiro de cultura, Ramón Quintáns; o alcalde de Porto do Son, Xoán Pastor Santamaría; e mais a responsable da área de cultura da Deputación da Coruña, Caridad González. A entrada é libre e gratuíta para socios e non socios.

premiados20092.jpg

Velaquí os premiados cos sirenos de bronce:

PREMIO BARBANTIA 2010 Á TRAXECTORIA CULTURAL NO BARBANZA:
Pepe Romero (músico e gaiteiro).

PREMIO BARBANTIA 2010 Á INICIATIVA CULTURAL NO BARBANZA:
Coordinadora dos Equipos de Normalización Lingüística.

PREMIO BARBANTIA DA CULTURA GALEGA 2010:
Andrés Torres Queiruga (teólogo).

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Entrega dos Premios Barbantia 2010 e o Anuario en Porto do Son