Entrega dos Premios Barbantia 2010 e o Anuario en Porto do Son

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Porto do Son convidan á presentación do Anuario de Estudos do Barbanza 2010, así como á entrega dos Premios Barbantia da Cultura, actos que terán lugar na Casa da Cultura de Porto do Son, o venres 3 de decembro, ás 20:30 horas, e nos que estarán presentes os socios de Barbantia Manuel Cartea e Xesús Laíño; o concelleiro de cultura, Ramón Quintáns; o alcalde de Porto do Son, Xoán Pastor Santamaría; e mais a responsable da área de cultura da Deputación da Coruña, Caridad González. A entrada é libre e gratuíta para socios e non socios.

premiados20092.jpg

Velaquí os premiados cos sirenos de bronce:

PREMIO BARBANTIA 2010 Á TRAXECTORIA CULTURAL NO BARBANZA:
Pepe Romero (músico e gaiteiro).

PREMIO BARBANTIA 2010 Á INICIATIVA CULTURAL NO BARBANZA:
Coordinadora dos Equipos de Normalización Lingüística.

PREMIO BARBANTIA DA CULTURA GALEGA 2010:
Andrés Torres Queiruga (teólogo).

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Entrega dos Premios Barbantia 2010 e o Anuario en Porto do Son

Ayes de mi Pais, cancioneiro de Marcial Valladares

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, o Concello de Rianxo e Dos Acordes Ediciones convídanos á saída dun novo número do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á presentación de Ayes de mi país. O cancioneiro de Marcial Valladares, de José Luís do Pico Orjais e Isabel Rei Sanmartim, nun acto que terá lugar o venres 29 de outubro, ás 20:30 horas, no auditorio de Rianxo; e no que estarán presentes os coordinadores, así como o editor, Javier Jurado; o secretario de Barbantia, Xosé Ricardo Losada; e mais a concelleira de cultura de Rianxo, Mari Carme Figueira.

ayes.jpg

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Ayes de mi Pais, cancioneiro de Marcial Valladares

Xosé Ramón Quintana descóbrenos a andaina do BNG desde 1971

La Voz de Galicia, a Editorial Galaxia e a galería Sargadelos de Boiro, convídan a socios/as e público en xeral á presentación do libro Un longo e tortuoso camiño. Adaptación, crise e cambio no BNG 1971-2009, de Xosé Ramón Quintana, nun acto que terá lugar na galería Sargadelos de Boiro o venres 1 de outubro, ás 20:30 horas, e no que estarán presente o autor; Xan Hermida, profesor do IES Número 1 de Ribeira; Dores Torrado, responsable comarcal do BNG; Jesús Lojo Alcalde, director da Galería Sargadelos no Barbanza; e Alberto Piñeiro, coordinador de Barbantia.

quintanagarrido.jpg

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Xosé Ramón Quintana descóbrenos a andaina do BNG desde 1971