Sae do prelo A Voz de Barbantia este 25 de xuño

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, tresCtres Editores e o Concello de Boiro vístense de gala con motivo da saída do especial A Voz de Barbantia, cunha edición conxunta dos números 26 ao 50 do suplemento cultural, así como á presentación do libro Dicionario Uxío Novoneyra, de Esperanza Mariño Davila, nun acto que terá lugar o venres 25 de xuño, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura “Ramón Martínez López” de Boiro, e no que estarán presentes Esperanza Mariño, Amancio Liñares, director de tresCtres Editores; Antón Riveiro Coello, presidente de Barbantia; Moncho Ares, delegado no Barbanza de La Voz de Galicia; e Xosé Deira, alcalde de Boiro.

portada-a-voz-de-barbantia.jpg

Entrada libre.

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Sae do prelo A Voz de Barbantia este 25 de xuño

A literatura e a memoria

A Asociación Cultural Barbantia convidan á presentación do libro As novelas da memoria, do profesor da Universidade de Montana (EE.UU) John Thompson, nun acto que terá lugar o martes 15 de xuño, ás 21:00 horas, no Centro Social de Boiro, e no que estarán presentes, ademais do autor, Xan Ermida, profesor do IES Número 1 de de Ribeira; Carlos Callón, presidente da Mesa Pola Normalización Lingüística; Alberto Piñeiro, coordinador de Barbantia; e mais Xosé Deira, alcalde de Boiro.

novelas-memoria-cartel.jpg

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en A literatura e a memoria

Achega á cultura do viño en Galicia da man de Xavier Castro

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia e a Editorial Galaxia convídan á saída dun novo número do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á presentación do último libro do profesor de Historia Contemporánea da USC Xavier Castro, titulado A rosa do viño. Cultura do viño en Galicia, nun acto que terá lugar o vindeiro venres 30 de abril, na Abadía de San Enrique (O Castro, Cabo da Cruz, Boiro, a carón da Igrexa de Santa María), ás 20:30 horas, e no que estarán presentes o autor; o vicepresidente da Asociación Galega da Viticultura, Xosé Manuel González Vilas; o xornalista e socio de Barbantia, Gonzalo Trasbach; e o director de produción de Galaxia, Xosé Manuel Soutullo.

a-rosa-do-vino.jpg

Entrada libre.
Ao final do acto serviranse uns petiscos e un viño galego.

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Achega á cultura do viño en Galicia da man de Xavier Castro