Achega á cultura do viño en Galicia da man de Xavier Castro

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia e a Editorial Galaxia convídan á saída dun novo número do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á presentación do último libro do profesor de Historia Contemporánea da USC Xavier Castro, titulado A rosa do viño. Cultura do viño en Galicia, nun acto que terá lugar o vindeiro venres 30 de abril, na Abadía de San Enrique (O Castro, Cabo da Cruz, Boiro, a carón da Igrexa de Santa María), ás 20:30 horas, e no que estarán presentes o autor; o vicepresidente da Asociación Galega da Viticultura, Xosé Manuel González Vilas; o xornalista e socio de Barbantia, Gonzalo Trasbach; e o director de produción de Galaxia, Xosé Manuel Soutullo.

a-rosa-do-vino.jpg

Entrada libre.
Ao final do acto serviranse uns petiscos e un viño galego.

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Achega á cultura do viño en Galicia da man de Xavier Castro

Presentación do libro de Milagros Torrado

A Asociación Cultural Barbantia, a Editorial Toxosoutos, o Proxecto Leñaverde e La Voz de Galicia convidan a asisitir aos socios/as e público en xeral á saída dun novo número do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á presentación do libro O fenómeno cultural da fascinoloxía. As Illas Británicas e Galiza, de Milagros Torrado. O acto terá lugar na Estación Leñaverde de Boiro, o vindeiro venres 26 de marzo, ás 20:30 horas; e nel estarán presentes a autora; o catedrático de Historia e Cultura Inglesas da Facultade de Filoloxía da USC, Fernando Alonso Romero; o director de publicacións de Toxosoutos, David González; o coordinador de Barbantia, Alberto Piñeiro; e mais o alcalde de Boiro, Xosé Deira.

milagrostorrado.JPG

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Presentación do libro de Milagros Torrado

Suso de Toro presenta en Rianxo o seu último traballo: Sete Palabras

A Asociación Cultural Barbantia, o xornal La Voz de Galicia, o Concello de Rianxo e Edicións Xerais convídan á saída do número 51 do suplemento A Voz de Barbantia, así como á presentación do libro Sete palabras do escritor compostelán Suso de Toro. O acto terá lugar no Auditorio de Rianxo o venres 29 de xaneiro ás 20:30 horas, e estarán presentes o autor; o secretario de Barbantia, Xosé Ricardo Losada; o recentemente escolleito secretario da Real Academia, investigador e Premio Barbantia da Cultura Galega 2009, Xosé Luís Axeitos; o director de Xerais, Manuel Bragado; e mais o alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro.

suso_de_toro.jpg

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Suso de Toro presenta en Rianxo o seu último traballo: Sete Palabras