Homenaxe de Barbantia a Anxo Rei Ballesteros

reiballesteros2.jpg

PROGRAMACIÓN DE ACTOS

Venres 6 de novembro

Museo Valle-Inclán d´A Pobra do Caramiñal:

-20:30 horas. Inauguración das xornadas, coa presenza de Antón Riveiro Coello, presidente de Barbantia; Isaac Maceiras Rivas, alcalde d´A Pobra do Caramiñal; e Carlos Fernández, escritor e crítico literario.

-21:00 horas. Conferencia de Carlos Fernández, baixo o título “O home que disparaba contra os reloxios.”

-21:30 horas. Café-descanso de 10 minutos.

-20:40 horas. Presentación do ensaio Urda e Mundo, de Carlos Fernández e Anxo Rei Ballesteros, XXI Premio Ánxel Fole, Fundación Caixa Galicia.

Venres 13 de novembro

Museo Valle-Inclán d´A Pobra do Caramiñal:

-20:00 horas. Conferencia de Dolores Vilavedra, escritora e profesora de Literatura Galega na USC, que nos ofrecerá “Apuntes para unha contextualización de Dos anxos e dos mortos na narrativa galega contemporánea”.

-20:30 horas. Presentación da novela inédita de Anxo Rei Ballesteros A noite do moucho, coa presenza de Víctor Freixanes, director da Editorial Galaxia.

-21:00 horas. Café-descanso de 10 minutos.

-21:10 horas. Presentación do libro artesán titulado O resto é silencio, con gravados orixinais de Manuel Teira, editado por Barbantia e mais Colección Bourel que dirixe Antonio Piñeiro.

Casa de Raquel Soler d´A Pobra do Caramiñal:

-21:30 horas. Inauguración da exposición dos gravados realizados por Manuel Teira para o libro O resto é silencio.

Venres 20 de novembro

Museo Valle-Inclán d´A Pobra do Caramiñal:

-20:30 horas. Intervención de Manuel Lourenzo, actor, dramaturgo, director teatral e tradutor galego, coa conferencia Teatro como exploración.

-21:00 horas. Proxección dun documental sobre Anxo Rei Ballesteros realizado polos alumnos do IES d´A Pobra do Caramiñal.

-21:35 horas. Café-descanso de 10 minutos.

-21:45 horas. Mesa-coloquio ao redor da obra e da vida do noso amigo escritor moderada por Xesús Laíño, e na que participarán Carlos Santiago, Manolo Castelao, Jorge Sacido, Alberto Sacido, Manuel Teira e Andrés Esteban.

Venres 27 de novembro

Museo Valle-Inclán d´A Pobra do Caramiñal:

-20:30 horas. Presentación do V Anuario de Estudos do Barbanza (Anuario 2009), que será nesta ocasión un monográfico adicado ao noso amigo, escritor e socio co-fundador de Barbantia, Anxo Rei Ballesteros; coa presenza dos coordinadores do volume: Manuel Cartea e Román Arén.

-21:00 horas. Presentación do texto de Anxo Rei A flor da boca, editado por Barbantia e mais a Deputación Provincial d´A Coruña.

-21:30 horas. Entrega dos Premios Barbantia da Cultura 2009, acto que dirixirá e presentará Alberto Piñeiro, coordinador de Barbantia.

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Homenaxe de Barbantia a Anxo Rei Ballesteros

A autora do Premio Xerais 2009, Rosa Aneiros, con Barbantia en Lousame

A Asociación Cultural Barbantia, o Concello de Lousame, o xornal La Voz De Galicia e Edicións Xerais presentan un novo número do tradicional suplemento cultural de finais de cada mes A Voz De Barbantia, así como a presentación do libro Sol de Inverno de Rosa Aneiros, gañadora do Premio Xerais de Novela, 2009.

O acto contará coa intervención da autora Rosa Aneiros, Agustín Agra, escritor e socio de Barbantia; Fran Alonso, en representación de Xerais; Santiago Freire, alcalde de Lousame; Teresa villaverde, Concelleira de cultura de Lousame e Xefa Territorial da Consellería de Educación. Terá lugar o venres, 30 de outubro, ás 20,30 h. na casa da cultura de Lousame.

A autora, Rosa Aneiros

Publicado en Actividade de Barbantia, Sen tema | Comentarios desactivados en A autora do Premio Xerais 2009, Rosa Aneiros, con Barbantia en Lousame

Presentación en Noia do “Recendo das Mimosas” de Agustín Agra

A Asociación Cultural Barbantia, Edicións Xerais de Galicia e o Concello de Noia convidan á presentación do libro O recendo das mimosas, de Agustín Agra. O acto terá lugar na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos de Noia, ás 20:30 horas do venres 16 de outubro, e nel estarán presentes o autor; Xosé Ricardo Losada, secretario da Asociación Cultural Barbantia; e Manuel Bragado, editor de Xerais.

Agustín Agra

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Presentación en Noia do “Recendo das Mimosas” de Agustín Agra