A autora do Premio Xerais 2009, Rosa Aneiros, con Barbantia en Lousame

A Asociación Cultural Barbantia, o Concello de Lousame, o xornal La Voz De Galicia e Edicións Xerais presentan un novo número do tradicional suplemento cultural de finais de cada mes A Voz De Barbantia, así como a presentación do libro Sol de Inverno de Rosa Aneiros, gañadora do Premio Xerais de Novela, 2009.

O acto contará coa intervención da autora Rosa Aneiros, Agustín Agra, escritor e socio de Barbantia; Fran Alonso, en representación de Xerais; Santiago Freire, alcalde de Lousame; Teresa villaverde, Concelleira de cultura de Lousame e Xefa Territorial da Consellería de Educación. Terá lugar o venres, 30 de outubro, ás 20,30 h. na casa da cultura de Lousame.

A autora, Rosa Aneiros

Publicado en Actividade de Barbantia, Sen tema | Comentarios desactivados en A autora do Premio Xerais 2009, Rosa Aneiros, con Barbantia en Lousame

Presentación en Noia do “Recendo das Mimosas” de Agustín Agra

A Asociación Cultural Barbantia, Edicións Xerais de Galicia e o Concello de Noia convidan á presentación do libro O recendo das mimosas, de Agustín Agra. O acto terá lugar na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos de Noia, ás 20:30 horas do venres 16 de outubro, e nel estarán presentes o autor; Xosé Ricardo Losada, secretario da Asociación Cultural Barbantia; e Manuel Bragado, editor de Xerais.

Agustín Agra

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Presentación en Noia do “Recendo das Mimosas” de Agustín Agra

Presentación da novela gañadora do premio Blanco Amor 09, Luís Rei Núñez

A Asociación Cultural Barbantia, Edicións Xerais de Galicia e o Concello d´A Pobra do Caramiñal convidan á presentación do Premio Blanco Amor 2009, a novela de Luís Rei Núñez Monte Louro. No acto, que terá lugar no Museo Valle-Inclán d´A Pobra do Caramiñal o venres 26 de xuño ás 20:30 horas, estarán presentes o autor; o director de Edicións Xerais, Manuel Bragado; o escritor, profesor e crítico literario Armando Requeixo; a socia de Barbantia María Xesús Blanco; a concelleira de cultura, Encarna González; e o alcalde d´A Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras.

monte-louro.JPG

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Presentación da novela gañadora do premio Blanco Amor 09, Luís Rei Núñez