Presentación da novela gañadora do premio Blanco Amor 09, Luís Rei Núñez

A Asociación Cultural Barbantia, Edicións Xerais de Galicia e o Concello d´A Pobra do Caramiñal convidan á presentación do Premio Blanco Amor 2009, a novela de Luís Rei Núñez Monte Louro. No acto, que terá lugar no Museo Valle-Inclán d´A Pobra do Caramiñal o venres 26 de xuño ás 20:30 horas, estarán presentes o autor; o director de Edicións Xerais, Manuel Bragado; o escritor, profesor e crítico literario Armando Requeixo; a socia de Barbantia María Xesús Blanco; a concelleira de cultura, Encarna González; e o alcalde d´A Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras.

monte-louro.JPG

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Presentación da novela gañadora do premio Blanco Amor 09, Luís Rei Núñez

Presentación do Dicionario Ramón Piñeiro de tresCtres Edtores en Ribeira

Barbantia, o Concello de Ribeira e tresCtres Editores convídanos á presentación do Dicionario Ramón Piñeiro do noso socio, Xoán Pastor Rodríguez Santamaría. Intervirán no acto, ademais do autor, o responsábel da editora Amancio Liñares Giraut, D. Xesús Laíño, membro de Barbantia, e José Luís Torres Colomer, Alcalde de Ribeira. Será este venres 8 de maio ás 21:00 h. no Auditorio Municipal de Ribeira.

diconariopinheiro1.JPG

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Presentación do Dicionario Ramón Piñeiro de tresCtres Edtores en Ribeira

VOCES DA MUSA: un agasallo cultural para a nosa bisbarra

gravado-julio-catalan.jpg

A Asociación Cultural Barbantia, a Colección Bourel e o Concello de Noia convídanvos á celebración do IV Encontro de Creadores no Barbanza, que terá lugar o xoves 30 de abril no Coliseo Noela de Noia ás 21:00 horas.

PROGRAMA

21:00 horas: Intervención de Antón Riveiro Coello, presidente da Asociación Cultural Barbantia, coa que abrirá o IV Encontro de Creadores no Barbanza.
21:05 horas: Intervención de Antonio Piñeiro, director da Colección Bourel, responsable da edición artesá d´As voces da Musa.
21:10 horas: Recital cos poemas que aparecen no libro As voces da Musa, froito do Encontro, cuxos autores son: Eva Veiga, Ana Romaní, Antonio Piñeiro, Xabier L. Marqués, Xesús Rábade Paredes, Íria Gestoso, María do Cebreiro, Anxo Angueira e Helena Villar Janeiro.

*Durante o recital, iranse intercalando as actuacións de Xosé Luís Miranda, PePe Romero e Sonia Lebedynski, coas súas respectivas aportacións musicais, elaboradas ex profeso para o Encontro.

22:00 horas: Inauguración da exposición dos gravados que forman parte do proxecto, realizados polos seguintes pintores vinculados coa comarca: Alfonso Costa, Xoán Fernández, Manuel Ayaso, Paola García, Nacho C. Beiro, Baldo Ramos, Julio Catalán, Fran Blanco Alcaide e Manolo Figueiras.
22:15 horas: Peche institucional a cargo do alcalde de Noia, Rafael García Guerrero.

Gravado de Julio Catalán

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en VOCES DA MUSA: un agasallo cultural para a nosa bisbarra