Presentación da última obra de Xerardo Agrafoxo

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia e o Concello de Noia convídante á presentación do libro de Xerardo Agrafoxo O violinista de Malá Strana. No acto, que terá lugar o venres 13 de marzo, ás 20:30 horas, no Coliseo Noela de Noia, estarán presentes o autor; a escritora Rosa Aneiros; o director da Editorial Galaxia, Víctor Freixanes; e o coordinador de Barbantia, Alberto Piñeiro. Contaremos, ademais, coa actuación do Grupo de Danzas Noela.

Mala Straná

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Presentación da última obra de Xerardo Agrafoxo

Presentación en Rianxo do libro gañador do premio García Barros

A Asociación Cultural Barbantia, a Editorial Galaxia, La Voz de Galicia e o Concello de Rianxo convídan á presentación do libro gañador do Premio García Barros 2008, Shakespeare destilado, de Xesús Constela. O acto terá lugar o venres 30 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Auditorio de Rianxo, e estarán presentes o autor; o director da Editorial Galaxia, Víctor Freixanes; o presidente de Barbantia, Antón Riveiro Coello; e o alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro Hermida.

Con anterioridade ás 20 h. realizarase unha ofrenda no busto de Castelao, en comemoracion da data do seu nacemento.

Portada do libro

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Presentación en Rianxo do libro gañador do premio García Barros

Premios Barbantia da Cultura 2008

O auditorio de Ribeira foi o escenario no que tivo lugar, o pasado sábado 29 de novembro, o acto de presentación do IV Anuario de Estudos do Barbanza, que edita a Asociación Cultural Barbantia. O libro recolle traballos dunha gran variedade de eidos temáticos, dende o cine ata etnografía, pasando pola tradución ao galego de autores inéditos na nosa lingua. Na mesa, presidida polo alcalde de Ribeira, José Luis Torres Colomer, estaban tamén presentes Luciano Fernández, concelleiro de cultura; Pastor Rodríguez, coordinador do Anuario; Milagros Torrado, directiva de Barbantia; e Alberto Piñeiro, coordinador da asociación.

_o0h5214.jpg

Anuario de Estudos do Barbanza 2008

Ese mesmo mediodía, sen mudar de escenario, os socios de Barbantia asistimos á entrega dos “sirenos” de bronce, cos que nesta ocasión se premiou a Manuel Dourado, Premio Barbantia á Traxectoria Cultural no Barbanza; o Museo Etnográfico de Artes, Premio Barbantia á Iniciativa Cultural no Barbanza; e Alfonso Costa, Premio Barbantia da Cultura Galega 2008.

_o0h5134.jpg

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Premios Barbantia da Cultura 2008