A arte na esquizofrenia e outros excesos, de Fidel Vidal

A Asociación Cultural Barbantia e o Ateneo Valle-Inclán convídan á presentación do libro de Fidel Vidal A arte na esquizofrenia e outros excesos de Editorial Laiovento. O acto, que terá lugar no Ateneo-Valle Inclán de Ribeira o vindeiro venres 31 de outubro ás 20:30 horas, e estarán presentes o autor; Gonzalo Trasbach, xornalista e socio de Barbantia; e Xosé Ricardo Losada, secretario de Barbantia.

fidel-vidal-i.jpg

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en A arte na esquizofrenia e outros excesos, de Fidel Vidal

Proxección en Boiro do documental “Los últimos gaiteiros de La Habana”

A Asociación Cultural Barbantia e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia organizan a proxección do documental Los últimos gaiteiros de La Habana, de Natasha Vázquez Ruíz, o sábado 18 de outubro no Centro Social de Boiro, ás 19:00 horas. Contarase coa presenza da autora do documental, que mereceu o Premio Iberoamericano Rei de España, entre outros moitos recoñecementos.

Natasha Vázquez, a directora, é xornalista e directora de cine e TV, especializada en temas relacionados coa emigración a Cuba, especialmente a galega.

Eduardo Lorenzo o último gaiteiro

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Proxección en Boiro do documental “Los últimos gaiteiros de La Habana”

Poderosa arrancadeira literaria de Outono de Barbantia

A Asociación Cultural Barbantia, o Pen Clube de Galicia, o Concello de Boiro e La Voz de Galicia convocan o acto literario dos premios Rosalía de Castro 2008, coa presenza de todos os premiados que debaterán sobre o estado da literatura actual:

-Álvaro Mutis, Premio Príncipe de Asturias e Cervantes, entre outros, premio no ámbito hispánico.
-Mia Couto, premio no ámbito da lusofonía.
-Joan Margarit, premio en lingua catalá.
-Jon Kortázar, premio en lingua vasca.

O acto será presentado por Luís G. Tosar, presidente do Pen Clube de Galicia, e terá lugar o vindeiro sábado 27 de setembro, ás 13:00 horas, na Casa da Cultura Ramón Martínez López de Boiro.

O escritor Álvaro Mutis

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Poderosa arrancadeira literaria de Outono de Barbantia