25 de Abril: sempre!

Nova Barbantia, o Proxecto Leñaverde, La Voz de Galicia e mais a Asociación Cultural Aturuxo convídante á presentación dun novo número do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á celebración do aniversario da Revolución dos Caraveis, o vindeiro venres 25 de abril, no local social de Aturuxo, en Boiro. O programa de actos desta xornada é o seguinte:

Ás 20:00 h.: Proxección do documental As armas e o povo (Portugal, 1975), filme colectivo que retrata a primeira semana de Revoluçâo dos Cravos.
Ás 22.00 h.: Recital de poetas portuguesas e galegas, con membros das Redes Escarlata.
Ás 23.30 h.: Concerto do grupo Ataque Escampe.

Ataque Escampe

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en 25 de Abril: sempre!

Preséntase en Ribeira Xeografía Nocturna, de Ferrán Fernández

A Asociación Cultural Barbantia, o Concello de Ribeira, La Voz de Galicia, a Colección Bourel e o Ateneo Valle-Inclán convidan á presentación do libro Xeografía nocturna, de Ferrán Fernández. O acto, que terá lugar o venres 28 de marzo, ás 20:00 horas, no Ateneo Valle-Inclán de Ribeira, contará coa presenza do autor; de José Luis Torres Colomer, alcalde de Ribeira; de Rosa García Pose, directiva do Ateneo; de Antonio Piñeiro, editor; e mais de Manuel Cartea, tradutor da obra e directivo de Barbantia.

O editor Antonio Piñeiro

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Preséntase en Ribeira Xeografía Nocturna, de Ferrán Fernández

As palabras da Néboa, presentación na Pobra

A Asociación Cultural Barbantia, a Editorial Galaxia e a Librería Ler da Pobra do Caramiñal convidan á presentación do libro As palabras da néboa o xoves 13 de marzo, ás 20:30 horas, na Librería Ler da Pobra do Caramiñal. Trátase dunha novela de Francisco Castro, que recibeu o premio García Barros do 2007. O acto contará coa presenza do autor; de María Xesús Blanco, socia de Barbantia; de Antón Riveiro Coello, presidente de Barbantia; e mais de Víctor F. Freixanes, director xeral de Editorial Galaxia.

Portada do libro

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en As palabras da Néboa, presentación na Pobra