Actividade conxunta de Aturuxo e Nova Barbantia

A mocidade de Aturuxo e Nova Barbantia convídannos á presentación do libro A impostura e a desorientación na normalización lingüística, de X. M. Sarille, presidente de honra da Mesa Pola Normalización Lingüística. No acto, que terá lugar este sábado 8 de marzo no Local Social de Aturuxo (r / Principal, 118, Boiro) ás 20:00 horas, estarán presentes o autor; Iria Gestoso Ríos, membro de Nova Barbantia; e mais Xurxo Paz, coordinador de Aturuxo.

A continuación, a partir das 21:00 horas, iremos ata a Casa da Cultura de Boiro para atender ao concerto que ofrecerá 3 Peixes voando, o grupo de Xabier Díaz, Ugía Pedreira e Guillerme Fernández, coa Radio Galega Música, co patrocinio do Concello de Boiro.

X. M. Sarille

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Actividade conxunta de Aturuxo e Nova Barbantia

Monólogo do calígrafo, nova edición da Colección Bourel

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia e o Ateneo Valle-Inclán presentan o libro Monólogo do Calígrafo, de Baldo Ramos, nunha edición artesanal da Colección Bourel, que dirixe Antonio Piñeiro. O acto terá lugar o vindeiro venres 29 de febreiro, ás 20:00 horas, no Ateneo Valle-Inclán de Ribeira (enriba do Bar Plaza), e contará coa presenza de Baldo Ramos e mais de Antonio Piñeiro. Así mesmo, presentarase un novo número do suplemento cultural A Voz de Barbantia.

Baldo Ramos

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Monólogo do calígrafo, nova edición da Colección Bourel

Vestíbulo da devastación, poemario de Rosa Enríquez

A Asociación Cultural Barbantia, a Editorial Espiral Maior, o Proxecto LeñaVerde e mais o Concello de Boiro presentan o poemario Vestíbulo da devastación, obra da poeta e socia de Barbantia Rosa Enríquez. O acto terá lugar este venres día 22, ás 20:30 horas, no local da mocidade, sito no Centro Social de Boiro, e contará coa presenza da autora; de Miguel Anxo Fernán-Vello, director de Espiral Maior; e mais de Alberto Piñeiro, coordinador de Barbantia.

Así mesmo, contaremos coa actuación, ao celo, de Carme Tubío, namentres Damián Eiras realiza unha intervención plástica.

Rosa Enríquez

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Vestíbulo da devastación, poemario de Rosa Enríquez