Presentación do Anuario 2007 e dos Premios Barbantia da Cultura 2007

A Asociación Cultural Barbantia, o Concello de Boiro e mais a Deputación Provincial da Coruña presentan o terceiro Anuario de Estudos do Barbanza 2007, que terá lugar na Casa da Cultura “Ramón Martínez López” de Boiro, o vindeiro venres 14 de decembro, ás 21:00 horas. O acto será presentado por Alberto Piñeiro, e intervirán Xosé Deira, alcalde de Boiro; Gerardo Piñeiro, concelleiro de cultura; e Manuel Cartea, socio de Barbantia e coordinador do Anuario. Asimesmo, entregaranse os Premios Barbantia da Cultura 2007, que recaeron nesta primeira edición en Isaac Díaz Pardo, Xesús Santos Suárez e a Asociación Artesá e Etnográfica O Faiado-2.

Todos os socios de Barbantia poderán recoller, á finalización do acto, cadanseu exemplar do Anuario, así como o libro conmemorativo dos primeiros 25 números do suplemento A Voz de Barbantia, que edita a Asociación en colaboración con La Voz de Galicia.

Portada do Anuario

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Presentación do Anuario 2007 e dos Premios Barbantia da Cultura 2007

Intensa noite cultural en Boiro da man de Barbantia

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia e o Proxecto Leñaverde presentan o venres 30 de novembro, ás 23:00 horas, no pub Ese de Boiro o libro de Carlos Meixide O home inédito. A seguir tamén se realizará a presentación dun novo número do suplemento cultural A Voz de Barbantia. O acto contará coa presenza do autor; de María Yáñez, en representación da Editorial A Rotonda; de Alberto García, como responsable de Leñaverde; e mais de Ana Redondo, membro de Nova Barbantia.

Ao longo do acto fallaranse, asimesmo, os premios Barbantia da Cultura 2007.
Ao remate da presentación actuará o grupo Os da Ría. Posteriormente, a partir das 00:30 horas, terá lugar un concerto a cargo do grupo de rock Agoraphobia, que presentará a súa primeira maqueta, titulada Mentir y gobernar.

Acto cultural de Barbantia

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Intensa noite cultural en Boiro da man de Barbantia

Barbantia presenta a nova novela de Antón Riveiro Coello

A Editorial Galaxia, o Concello de Noia e Barbantia, presentan a nova novela de Antón Riveiro Coello, OS OLLOS DE K. O acto terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Noia, o venres 23 de novembro, ás 20’30 h., e acompañarán ao autor, Rafael García Guerrero, alcalde de Noia; Loli Caramés, concelleria de Cultura; Víctor Freixanes, director da Editorial Galaxia; e Xesús Laíño, profesor.

O escritor Antón Riveiro Coello

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Barbantia presenta a nova novela de Antón Riveiro Coello