Presentación do libro Palabras Contadas de Camilo Franco

Capa do libro
O Bar Praza de Ribeira acollerá o venres 13 de xullo ás 21 h. a presentación do libro Palabras contadas de Camilo Franco. O acto contará coa presenza do autor que estará acompañado á guitarra polo músico Magín Blanco. Editado dentro da colección de narrativa de Edicións Xerais acadou a súa segunda edición. Palabras Contadas inclúe máis dun cento de microrrelatos, outros trinta argumentos de novela, ademais de cinco relatos algo máis extensos, a xeito de bises. Aproveitando a funcionalidade da literatura breve o autor aborda, con grandes doses de humor e ironía, non exentas de melancolía, os temas e os xéneros máis característicos da narración: o amor, a morte, a dor ou a alegría. A presentación está organizada polo Ateneo Valle Inclán, a asociación cultural Altofalante e Barbantia.

Publicado en Actividade de Barbantia, Sen tema | Comentarios desactivados en Presentación do libro Palabras Contadas de Camilo Franco

Festa das Letras “María Mariño en Boiro”

maria1
O concello de Boiro, Barbantia e La Voz de Galicia, celebraron A FESTA DAS LETRAS coas seguintes presentacións:

As voces de María Mariño” Libro Cd editado por La Voz de Galicia.
Retrato dunha vida” Creación audiovisual de Suso Xogaina.
Versos que comezan” Iniciativa de Barbantia na rede, homenaxe á poeta.
Verba do tempo” Espectáculo do grupo Ouriol: voz de Eva Veiga,
música de Bernardo Martínez e Fito Ares, iluminación e escenografía de Alfonso Costa.

O acto contou coa participación da actriz Rebeca Montero; Xosé Deira Triñanes, alcalde de Boiro; Tucho Calvo, escritor e xornalista de La Voz de Galicia; Antón R. Gallardo, historiador; Xerardo AgraFoxo, biógrafo da poeta e Adolfo Muíños, coordinador de Novas Tecnoloxías de Barbantia, e tivo lugar o mércores 16 de maio, ás 20’30 h., na Casa de Cultura “Ramón Martínez López”, de Boiro.

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Festa das Letras “María Mariño en Boiro”

Barbantia presenta en Noia o libro Dun tempo e dun país

caama�±o

Edicións Laiovento, Barbantia e La Voz de Galicia, presentaron o libro Dun tempo e dun país, do escritor Manuel Caamaño Suárez, así como o número 24 do suplemento cultural A voz de Barbantia,
O acto, que contou coa participación do autor, de Xosé Manuel Beiras Torrado e mais Pedro García Vidal, tivo lugar o venres 27 de abril, ás 20’30 h., na Casa de Cultura “Avilés de Taramancos” de Noia

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Barbantia presenta en Noia o libro Dun tempo e dun país