Barbantia presenta en Noia o libro Dun tempo e dun país

caama�±o

Edicións Laiovento, Barbantia e La Voz de Galicia, presentaron o libro Dun tempo e dun país, do escritor Manuel Caamaño Suárez, así como o número 24 do suplemento cultural A voz de Barbantia,
O acto, que contou coa participación do autor, de Xosé Manuel Beiras Torrado e mais Pedro García Vidal, tivo lugar o venres 27 de abril, ás 20’30 h., na Casa de Cultura “Avilés de Taramancos” de Noia

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Barbantia presenta en Noia o libro Dun tempo e dun país

Barbantia celebra en Rianxo o III Encontro de Creadores no Barbanza

iiiencontro
Programa

Venres 20
20’15 h. (Casa de Cultura “Cuartel Vello”)
Apertura do encontro a cargo de Celestino Poza (presidente da Comisión de Cultura da Deputación da Coruña), Pedro Piñeiro(Alcalde de Rianxo) e Carlos Mosteiro (coordinador do III Encontro).
20’30 h. (Casa de Cultura “Cuartel Vello”)
Presentación da novela “A voz do lago”, de Antón Riveiro Coello, e
mesa redonda: “Ilustración e literatura infantil-xuvenil” coa participación de Xosé A. Neira Cruz, Rodrigo Chao, Pablo Otero “Peixe”, Antón Riveiro e mais Carlos Mosteiro, que actua como moderador.
21’30 h. (Biblioteca Pública Municipal “Castelao”).
Inauguración da exposición “A cor dos soños”, na que participan 14 ilustradores relacionados co Barbanza.

Sábado 21
12’00 h. (Casa de Cultura “Cuartel Vello”)
Presentación do libro colectivo “A cor dos soños”, a cargo de María Xesús Blanco.
12’15 h. (“Casa de Cultura “Cuartel Vello”)
Mesa redonda “Literatura infantil-xuvenil e ensino”, coa partipación de Xavier P. Docampo, Cristina Novoa e Xesús Santos Suárez, moderada por F.R. Lavandeira.

Domingo, 22
12’00 h. (“Casa de Cultura “Cuartel Vello”)
Presentación do último premio Barco de Vapor de literatura infantil “Unha bruxa ben rara”, de Carlos Mosteiro.
12’45 h. (“Casa de Cultura “Cuartel Vello”)
Recital a cargo de Estívaliz Espinosa.
Peche do III Encontro.

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Barbantia celebra en Rianxo o III Encontro de Creadores no Barbanza

Recital de Nova Barbantia en Boiro e participación no II Encontro Luso-Galaico no Son

minerva
O venres 30 de marzo, ás 21 horas, na sala de exposicións do Centro Social de Boiro, Nova Barbantia, en colaboración co Proxecto Leñaverde e co Concello de Boiro, organizou unha xuntanza poético-literaria coa participación das novas voces femininas da A. C. Barbantia. No acto presentouse o libro Debuxo cos dedos liñas invisíbeis, que recolle os gañadores dos XXXIV Premios Literarios “Minerva”, certame no que Íria Gestoso Ríos, poeta de Nova Barbantia, resultou gañadora no apartado de poesía. Acompañaron a Íria, nun recitado poético, Ana Redondo, María Loureiro e Charo López. Así mesmo, presentouse un novo número do suplemento cultural A Voz de Barbantia.
luso1
II Encontro Luso-Galaico “Aromar”
Sábado 31 de marzo ás 12 horas, na Casa de Cultura de Porto do Son

– Intervención do escritor Antonio Miranda Chaves sobre os poetas José Afonso e António Aleixo.
– Nuno Castelo falou sobre a rexión de Chaves na poesía.
-Jorge Aires interpretou temas de José Afonso e música popular.
– Carlos Mosteiro Fraga, vicepresidente de Barbantia, falou sobre a Literatura Infantil e xuvenil galega.
– Rematou o acto coa actuación da Banda de Música Tradicional SUEVIA.

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Recital de Nova Barbantia en Boiro e participación no II Encontro Luso-Galaico no Son