Presentación en Ribeira da Biblioteca Compostela de Narrativa Europea e Mesa Redonda “A tradución en Galiza”

Biblioteca Compostela

Barbantia, Altofalante, La Voz de Galicia e a editorial Galaxia organizaron a presentación da Biblioteca Compostela de Narrativa Europea e a mesa redonda “A tradución en Galiza”. O acto tivo lugar o venres 23 de febreiro, ás 20’30 h., na Casa do Mar de Ribeira, e contou coa participación de Luís Teira, presidente da A.C. Altofalante; Manuel Cartea, membro de Barbantia; Xosé Manuel Gómez Clemente, presidente da Asociación de Tradutores de Galicia; Carlos Lema, Director de edicións da editorial Galaxia e Anxo Rei Ballesteros, escritor e tradutor.

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Presentación en Ribeira da Biblioteca Compostela de Narrativa Europea e Mesa Redonda “A tradución en Galiza”

Barbantia presenta en Rianxo OS HEMISFERIOS, de María do Cebreiro


O Concello da Rianxo, a editorial Galaxia, Barbantia e La Voz de Galicia, presentaron o libro de poemas Os hemisferios, da escritora María do Cebreiro, así como un novo número do suplemento cultural A voz de Barbantia,

O acto contou coa participación de Pedro Piñeiro, alcalde de Rianxo; Xosé R. Losada, secretario de Barbantia; Paulino Vázquez, escritor, e mais a autora do libro, e tivo lugar o venres 26 de xaneiro, ás 20’30 h., na Casa Cuartel de Rianxo.

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Barbantia presenta en Rianxo OS HEMISFERIOS, de María do Cebreiro

Barbantia presenta no Son o último libro de Eva Veiga, Desconcerto

desconcerto
Barbantia presentou en Porto do Son o libro de poesía Desconcerto, de Eva Veiga, así como o número 20 do suplemento cultural A Voz de Barbantia. Inaugurouse tamén a exposición de pintura Voces na Guerra, de F. Blanco Alcaide.

O acto tivo lugar o venres, 15 de decembro, ás 20.30 h., na Casa de Cultura de Porto do Son e contou coa participación da autora; Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, concelleiro de Cultura; Alfonso Costa, pintor e autor das ilustracións; Carmela González, directora da colección Mandaio; e Alberto Piñeiro, socio de Barbantia.

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Barbantia presenta no Son o último libro de Eva Veiga, Desconcerto