Barbantia presenta no Son o último libro de Eva Veiga, Desconcerto

desconcerto
Barbantia presentou en Porto do Son o libro de poesía Desconcerto, de Eva Veiga, así como o número 20 do suplemento cultural A Voz de Barbantia. Inaugurouse tamén a exposición de pintura Voces na Guerra, de F. Blanco Alcaide.

O acto tivo lugar o venres, 15 de decembro, ás 20.30 h., na Casa de Cultura de Porto do Son e contou coa participación da autora; Xoán Pastor Rodríguez Santamaría, concelleiro de Cultura; Alfonso Costa, pintor e autor das ilustracións; Carmela González, directora da colección Mandaio; e Alberto Piñeiro, socio de Barbantia.

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Barbantia presenta no Son o último libro de Eva Veiga, Desconcerto

Barbantia presenta en Lousame o nº 2 do Anuario de Estudos do Barbanza

Barbantia, o Concello de Lousame e La Voz de Galicia, presentaron en Lousame o nº 2 do ANUARIO DE ESTUDOS DO BARBANZA, así como un novo número do suplemento cultural A Voz de Barbantia.
O acto contou coa participación de Santiago Freire, alcalde de Lousame; Teresa Villaverde, concelleira de Cultura; Celestino Poza, Presidente da Comisión de Cultura da Deputación da Coruña; Charo López, socia de Barbantia, amais dos escritores X. Ricardo Losada e Carlos Mosteiro, directivos da Asociación; e tivo lugar na Casa de Cultura de Lousame, o venres, 24 de novembro, ás 20’30 h. Ao remate da presentación, MIKHAIL MORIATOV ofreceu un concerto de música clásica.

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Barbantia presenta en Lousame o nº 2 do Anuario de Estudos do Barbanza

Presentación do Premio Merlín en Noia e Luces na cidade en Ribeira

agustin

O venres 27 de outubro, Barbantia, en colaboración con La Voz de Galicia, o Concello de Noia e mais Edicións Xerais de Galicia, presentou o último premio Merlín de literatura infantil “O tesouro da lagoa de Reid ‘Is” do noso socio Agustín Agra, así como o número 18 do suplemento A voz de Barbantia. O acto tivo lugar ás 20’30 h., na Casa de Cultura “Antón Avilés de Taramancos” de Noia.

Luces na Cidade

O sábado 28 de outubro, ás 12’00 h., no Auditorio Municipal de Ribeira, tivo lugar o II ENCONTRO DE CREADORES NO BARBANZA e presentouse o libro homenaxe á cidade de Ribeira “LUCES NA CIDADE“, editado por Barbantia e mais o concello.

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Presentación do Premio Merlín en Noia e Luces na cidade en Ribeira