O Barco da Memoria

O barco da memoria no Barbanza
O Barco da Memoria vai atracar en varios portos do Barbanza. A actividade está coorganizada pola Consellería de Cultura e Deporte, polos concellos de Boiro, Porto do Son, Rianxo e as asociacións culturais Barbantia e Cofradía da Dorna.

O barco contará coa exposición Os Mártires do Mar e en cada porto se desenvolverán unha chea de actividades paralelas. Podes mirar o programa detallado de actividades que se van desenvolver na nosa comarca.

O acto institucional de apertura terá lugar o vindeiro sábado 5 de agosto, ás 12:00 horas, no peirao de Rianxo.
Asemade, o Barco da Memoria estará atracado nos portos de:
Rianxo, 5 e 6 de agosto
Cabo de Cruz, 7 e 8 de agosto
Ribeira, 9 de agosto
Portosín, 10 e 11 de agosto

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en O Barco da Memoria

Barbantia en Noia e Boiro

O venres, 2 xuño, ás 20 h., no Coliseo Noela de Noia, Barbantia colaborou coa Consellería de Cultura, co Concello de Noia e mais coa Casa da Gramática nos actos de homenaxe a Avilés de Taramancos “PALABRA NA SOLAINA” e mais na entrega do premio de Relato de Aventuras que leva o seu nome.
Tamén tiveron lugar as Xornadas MARÍA MARIÑO que, este ano, se celebraron en Noia (8 e 9 de xuño) e Boiro (10 de xuño),onde se lle dedicou unha rúa á poeta noiesa que tamén viviu en Escarabote e estivo relacionada co pazo de Goiáns.
Programa das Xornadas

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Barbantia en Noia e Boiro

Festa poética no Son

O venres 28 de abril, ás 20’30 h., na Casa de Cultura de Porto do Son, o concello, La Voz de Galicia e mais a Asociación Cultural Barbantia presentaron o suplemento “A voz de Barbantia” e mais os seguintes libros de poesía:

Voces na Materia (1º volume da Colección Biblioteca Barbantia, no que se recollen os textos poéticos e pictóricos do I Encontro de Creadores do Barbanza).
vocesnamateria

Por man propia, 37 poemas (Unha alfaia manuscrita editada e impresa na colección Bourel polo noso socio, o entusiasta Antonio Piñeiro. Nela participan 37 autores representativos do País).
Pormanpropia

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Festa poética no Son