Barbantia trae a Suso de Toro a Ribeira

homesennome O venres 29 de setembro, ás 20’30 h., no Auditorio de Ribeira, Barbantia presentou o seu suplemento cultural A Voz de Barbantia e mais a última novela de Suso de Toro, HOME SEN NOME. Acompañaron ao autor, Ramón Ares, Delegado da Voz de Galicia no Barbanza, Luciano Fernández, concelleiro de Cultura de Ribeira, e mais os socios de Barbantia Xerardo AgraFoxo e Suso Laíño, que mantiveron unha conversa co autor da novela. Tamén se anunciaron novas actividades da asociación para o outono.

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Barbantia trae a Suso de Toro a Ribeira

O Barco da Memoria

O barco da memoria no Barbanza
O Barco da Memoria vai atracar en varios portos do Barbanza. A actividade está coorganizada pola Consellería de Cultura e Deporte, polos concellos de Boiro, Porto do Son, Rianxo e as asociacións culturais Barbantia e Cofradía da Dorna.

O barco contará coa exposición Os Mártires do Mar e en cada porto se desenvolverán unha chea de actividades paralelas. Podes mirar o programa detallado de actividades que se van desenvolver na nosa comarca.

O acto institucional de apertura terá lugar o vindeiro sábado 5 de agosto, ás 12:00 horas, no peirao de Rianxo.
Asemade, o Barco da Memoria estará atracado nos portos de:
Rianxo, 5 e 6 de agosto
Cabo de Cruz, 7 e 8 de agosto
Ribeira, 9 de agosto
Portosín, 10 e 11 de agosto

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en O Barco da Memoria

Barbantia en Noia e Boiro

O venres, 2 xuño, ás 20 h., no Coliseo Noela de Noia, Barbantia colaborou coa Consellería de Cultura, co Concello de Noia e mais coa Casa da Gramática nos actos de homenaxe a Avilés de Taramancos “PALABRA NA SOLAINA” e mais na entrega do premio de Relato de Aventuras que leva o seu nome.
Tamén tiveron lugar as Xornadas MARÍA MARIÑO que, este ano, se celebraron en Noia (8 e 9 de xuño) e Boiro (10 de xuño),onde se lle dedicou unha rúa á poeta noiesa que tamén viviu en Escarabote e estivo relacionada co pazo de Goiáns.
Programa das Xornadas

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Barbantia en Noia e Boiro