Barbantia en Noia e Boiro

O venres, 2 xuño, ás 20 h., no Coliseo Noela de Noia, Barbantia colaborou coa Consellería de Cultura, co Concello de Noia e mais coa Casa da Gramática nos actos de homenaxe a Avilés de Taramancos “PALABRA NA SOLAINA” e mais na entrega do premio de Relato de Aventuras que leva o seu nome.
Tamén tiveron lugar as Xornadas MARÍA MARIÑO que, este ano, se celebraron en Noia (8 e 9 de xuño) e Boiro (10 de xuño),onde se lle dedicou unha rúa á poeta noiesa que tamén viviu en Escarabote e estivo relacionada co pazo de Goiáns.
Programa das Xornadas

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Barbantia en Noia e Boiro

Festa poética no Son

O venres 28 de abril, ás 20’30 h., na Casa de Cultura de Porto do Son, o concello, La Voz de Galicia e mais a Asociación Cultural Barbantia presentaron o suplemento “A voz de Barbantia” e mais os seguintes libros de poesía:

Voces na Materia (1º volume da Colección Biblioteca Barbantia, no que se recollen os textos poéticos e pictóricos do I Encontro de Creadores do Barbanza).
vocesnamateria

Por man propia, 37 poemas (Unha alfaia manuscrita editada e impresa na colección Bourel polo noso socio, o entusiasta Antonio Piñeiro. Nela participan 37 autores representativos do País).
Pormanpropia

Publicado en Actividade de Barbantia | Comentarios desactivados en Festa poética no Son

Promoción Social do Uso do Galego

Acto Lingua

O vindeiro venres 31 de marzo, ás 20:30, no auditorio de Ribeira, coincidindo coa saída do número 13 de A Voz de Barbantia, teremos un acto sobre a Promoción Social do Uso do galego, nun acto que Barbantia organiza xunto coa Asociación Altofalante en colaboración con La Voz de Galicia e A Mesa pola Normalización Lingüística.

Nesta mesa estarán Ánxela Bugallo, Conselleira de Cultura e Deporte, Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Caetano Díaz, director do xornal Galicia Hoxe, Francisco Fernández Rei, lingüísta e membro da Real Academia Galega, Ramón Ares, Delegado de La Voz de Galicia, Luís Teira, presidente de Altofalante e mais Xosé Ricardo Losada, escritor e secretario de Barbantia. Moderará Nel Vidal, socio de Altofalante e Barbantia.

Publicado en Actividade de Barbantia | Deixa un comentario