Presentación de 2 libros de Xerardo Agrafoxo

Xerardo Agrafoxo Xerardo Agrafoxo

O vindeiro venres 24 de Marzo ás 20:30 horas, no Coliseo Noela de Noia, presentación das obras Crónica dunha democracia e A revolta nacionalista, das que é autor Xerardo Agrafoxo, socio de Barbantia. No acto estará acompañado polos escritores Xosé Agrelo, Pedro García Vidal e Pastor Rodríguez.

Publicado en Actividade de Barbantia | Deixa un comentario

Dicionario de Escritores/as do Barbanza

Dicionario dos/as escritores do Barbanza Esta dispoñible o Dicionario de escritores/as do Barbanza para consultar en liña. O autor deste útil e ameno traballo é Pastor Rodríguez.

Publicado en Novidade na Web de Barbantia | Deixa un comentario

Presentación en Noia de “Casas Baratas”, o último libro de Antón Riveiro Coello

Casas Baratas
A editorial Galaxia, o Concello de Noia, La Voz de Galicia e mais Barbantia, presentaron CASAS BARATAS, de Antón Riveiro Coello, que coincidiu coa saída do número 12 do suplemento cultural “A Voz de Barbantia”.
O acto contou coa participación de Antonio Pérez Insua, alcalde de Noia; Víctor Freixanes, escritor e director da Editorial Galaxia; Ramón Ares, Delegado de La Voz de Galicia; Agustín Agra, escritor gañador do Pedrón de Ouro; e Antón Riveiro Coello, autor do libro; e tivo lugar o venres, 24 de febreiro, ás 20’30 h., na Casa de Cultura “Antón Avilés de Taramancos” de Noia,

Publicado en Actividade de Barbantia | Deixa un comentario